Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda pídelle ao Goberno Local a súa implicación e participación nun acto contra a Violencia de Xénero

Solicitan a celebración de un acto o próximo 25 de novembro

Solicitan a celebración de un acto o próximo 25 de novembro

Fecha: 18 de Noviembre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, e a concelleira popular, Elena Acevedo Rolán, solicitan ao Goberno Local que o próximo 25 de novembro, coindindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero e tendo en conta ademais que coincide coa celebración do pleno ordinario, se organice un acto de repulsa contra este problema e que de algunha maneira contribúa á concienciación, información, prevención e sensibilización da violencia de xénero, dirixida a todos os veciños pero en especial á mocidade, porque segundo as concelleiras populares "é imprescindible que os mozos e as mozas comprendan, coñezan e recoñezan os primeiros sinais da violencia machista".

"Hai que ser capaces de recoñecer esas condutas nocivas para poder frealas, e deste xeito evitar que se agraven e supoñan un maior risco no futuro", explican.

"Cremos que o Concello ten que implicarse e traballar tamén na prevención e na sensibilización da violencia de xénero e participar de maneira activa para visibilizar un problema de profundo calado social", explica Conchi Ortega.

A proposta das populares é que o acto estea dirixido a todos os veciños, en especial aos máis novos, e que participen nel ademais das concelleiras de todos os grupos políticos, as mulleres de asociacións culturais e sociais da Guarda e que sexan elas as que dirixan mensaxes de condena contra a violencia de xénero e amosando a preocupación por esta lacra da nosa sociedade.

Conchi Ortega considera que o Concello ten que sumarse e organizar, ao igual que o resto de institucións, actos, charlas ou talleres co obxectivo de previr e concienciar á sociedade

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones