Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA PROPÓN A REGULACIÓN DAS PRESTACIÓNS SOCIAIS DE EMERXENCIA MEDIANTE UNHA ORDENANZA

Conchi Ortega pide que se aclaren cales son os dereitos que teñen as persoas e as familias respecto ás axudas e prestacións de emerxencia social, e o procedemento e criterios que se seguen en cada caso.

Conchi Ortega pide que se aclaren cales son os dereitos que teñen as persoas e as familias respecto ás axudas e prestacións de emerxencia social, e o procedemento e criterios que se seguen en cada caso.

Fecha: 08 de Marzo de 2016

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular da Guarda presentou unha proposta ao próximo pleno no que insta ao equipo de goberno a propoñer unha ordenanza de Emerxencia social para a súa aprobación que aclare cales son os dereitos que teñen as persoas e as familias respecto ás axudas e prestacións que se cursan e se tramitan, o procedemento que se segue e os criterios que se utilizan en cada caso.

Nesta liña, a voceira do PP local, Conchi Ortega, explica que é importante que haxa unha ordenanza que estruture e fixe os criterios e o procedemento para a concesión de axudas de emerxencia social, para facilitarlle o labor aos traballadores de servizos sociais, pero sobre todo polas persoas que reciben este servizo.

Tanto os usuarios como os técnicos de servizos sociais precisan de un procedemento regulado, pois aínda que existe unha ordenanza de servizo de axuda no fogar, no que respecta a emerxencia social non hai nin claridade nin confianza á hora de solicitar axudas sociais, polo que a ordenanza vería a solucionar o problema e beneficiaría a todas as partes implicadas.


"É importante que os recursos de emerxencia social cheguen a todas as persoas e todas as familias que o precisen, e o concello precisa con urxencia dun instrumento áxil e efectivo que fixe un procedemento e que teña en conta a todos veciños que necesitan destas axudas municipais que son un instrumento para previr a marxinación e a exclusión social", subliña Conchi Ortega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones