Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA SOLICITA A CREACIÓN DUNHA PÁXINA WEB QUE RECOLLA AS DEMANDAS, NECESIDADES E AVISOS DOS VECIÑOS

Os populares consideran que esta inicitiva sería beneficiosa non só para os veciños, senón tamén para o propio Goberno local

Os populares consideran que esta inicitiva sería beneficiosa non só para os veciños, senón tamén para o propio Goberno local

Fecha: 22 de Julio de 2015

Fuente: PP de A Guarda

O PP da Guarda propón ao Goberno local a creación de unha páxina web, que mediante unha aplicación de móvil permita recoller e clasificar todas as demandas, avisos e suxestións da cidadanía, para resolvelas eficazmente e con celeridade. Isto xa se está a facer con éxito noutros concellos como Vigo e Gondomar.

A voceira popular, Conchi Ortega, explica que "o noso concello está cheo de desperfectos e carencias pola falta de mantemento nos últimos anos, e son moitas as persoas que a diario protestan por baldosas soltas, pavimento en mal estado, baches, camiños cheos de silvas ou multitude de problemas que nos afectan a todos, sen que desde o Goberno local se faga nada por solucionar estes pequenos problemas".

Ortega sinala que "só con botar unha ollada ás redes sociais e ver as fotos que os guardeses colgan a diario denunciando os problemas cos que se atopan os veciños, é suficiente para comprobar que moitas beirarrúas e camiños, están nun estado lamentable".

"A maioría das veces trátase de un problema estético, pero noutras ocasións a foto denuncia serve para avisar dun perigo ou risco inminente, polo que esta web sería importante para que desde o concello se tivera coñecemento inmediato destas situacións, xa que entendemos que é moi difícil estar en todo".

"Consideramos que a creación da web sería importante e interesante non só para os veciños, senón tamén para o propio Goberno local, para que tiveran coñecemento real do que acontece a diario na Guarda e puideran poñerlle solución", explica Ortega.

"Facendo bo uso dos medios que as Novas Tecnoloxías nos facilitan na actualidade, sería sinxelo aproveitar todo ese interese dos cidadáns por mellorar as cousas do noso concello, a través das súas notificacións vía Internet".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones