Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda solicita ao Goberno Local que elabore un plan de limpeza e embelecemento da vila

Conchi Ortega considera que os responsables do concello teñen que reaccionar ante esta situación de abandono da vila, gastando e preocupándose máis pola limpeza e o mantemento da vila.

Estado da Alameda de A Guarda despois dunha noite de verbenas nas Festas do Monte

Fecha: 30 de Septiembre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

No pleno de xullo a voceira do Partido Popular, Conchi Ortega, preguntou por que na Guarda non había un plan de limpeza integral, por que non se limpan as berarrúas coa maquinaria apropiada e que foi da máquina hidrolimpadora que se utilizaba hai anos. Pero o grupo da oposición non recibiu aínda resposta a ningunha destas preguntas formuladas polos populares e tampouco se fixo nada durante estes dous meses que pasaron desde ese pleno para mellorar a limpeza das rúas, parques, xardíns, muros e fachadas dos edificios públicos da Guarda.

Conchi Ortega considera lamentable a deixadez do Goberno Local que permitiu e fixo a vista gorda durante este verán, poñendo a proba a paciencia dos veciños e visitantes. Beirarrúas sucias, con manchas de viño e de todo tipo, restos de botellón, camiños cheos de silvas,

O episodio máis grave produciuse, segundo a voceira popular , a fin de semana da Festa do Monte, á que acudiron á verbena do venres "Pola mañá, os centos de persoas congregadas na alameda e inmediacións, tiveron que soportar vasos rotos, lixo por todas partes, cheiro a mexo, vómitos nas beirarrúas e demais, sen que houbera un operativo de limpeza preparada para a ocasión ni nao día seguinte da verbena nin os días posteriores".


Conchi Ortega considera que os responsables do concello teñen que reaccionar ante esta situación de abandono da vila, gastando e preocupándose máis pola limpeza e o mantemento da vila.


Por todo isto, a moción presentada polo Partido Popular esixe ao Goberno Local que no prazo de 4 meses realice un Plan Integral de limpeza e mantemento da vila, aproveitando todos os recursos humanos e materiais dispoñibles, e que ese plan se elabore contando cos grupos da oposición para o seu debate e aprobación consensuada.

Os populares propoñen ademais que para facer fronte ao custo do plan, se presente ante outras administracións a correspondente petición de subvención necesaria para o seu desenvolvemento, nas liñas de axuda que poidan encaixar, acompañado do proxecto correspondente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones