Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda ve inaceptables as 155 anomalías informadas por Intervención nas contas do Concello

Os reparos afectan a distintos aspectos da xestión municipal, mayoritariamente o incuplimento da lei de contratos públicos

A falta de reacción do Alcalde ante as advertencias e as recomendacións do propio Interventor podería ter consecuencias moi graves, advirte a voceira do PP, Conchi Ortega.

Fecha: 22 de Octubre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular da Guarda alerta das 155 anomalías detectadas por Intervención Municipal nas contas do Concello en 2015 e que afectan a distintos aspectos da xestión municipal. Reparos suspensivos e reiterados en moitos casos, mais de 50, que reproban totalmente a xestión do Goberno Local, segundo a voceira popular, Conchi Ortega.

"O Informe de Intervención parece unha emenda á totalidade das contas do Concello e polo tanto á xestión do grupo de goberno pero o que é máis grave, a reiteración das anomalías e a falta de reacción do alcalde ante as advertencias e as recomendacións do propio Interventor podería ter consecuencias moi graves que terá que valorar o tribunal de Contas ou outras instancias", explicou.

Neste sentido, a voceira popular sinala que hai asuntos nese informe de diferente índole, uns son reparos por atencións protocolarias non debidas, outros por facturas pagadas que segundo o Tribunal de Contas só se poderían aplicar a gastos necesarios con interese para o municipio. "Co diñeiro dos veciños non se poden pagar facturas de comidas se non son de interese para o municipio", incide a voceira popular.

O groso dos reparos ten que ver ca omisión de procedemento de adxudicacións de contratos que son necesarios licitar. "Nada menos que 51 reparos por contratos sen licitar ou adxudicar, incumprimento reiterado da Lei de Contratos públicos polo Alcalde e o seu grupo de goberno, para a nosa indignación, ademais de incumprir a lei moitas veces se lle dá o traballo sen adxudicar a empresas de fóra da Guarda".


Hai 37 reparos por non atender a orde de pago das facturas segundo a data de entrada en rexistro do Concello. "Págase sen criterio, sen ter en conta a data das facturas e sen ter aprobado o plan de disposición de fondos requirido pola lei. "Preguntámonos por que non se aproba, quizais para seguir pagando segundo lle convén ao equipo de goberno".

Tamén hai pagos reparados de emerxencia social 14, que se poderían ter evitado, a criterio dos populares se se aprobara a ordenanza de emerxencia social que o Partido Popular presentou hai máis de un ano en pleno e se aprobou a súa elaboración cos votos da maioría. "Pero parece que a Concelleira non tivo tempo en meses de traer nin a proposta inicial para estudar en pleno. Estes reparos non existirían de ter cumprido o acordo plenario cunha ordenanza de emerxencia social".


Na contratación de persoal tamén hai 10 reparos, por exemplo nun publicar bases de postos de traballo ofertados no DOG ou no BOE, prexudicando a igualdade de oportunidades para presentarse. Convocáronse prazas sen garantir a lei en canto a inserción social de colectivos desfavorecidos, fanse prórrogas sen convocar prazas con publicidade, polo tanto sen dar igualdade de oportunidade a outras persoas, e cometendo fraude de lei nestas prórrogas de contratos, segundo puidemos ler no informe de intervención, denuncia Conchi Ortega.

Mención a parte merece o proceso de contratación da Festa da Lagosta, sen ter en conta os 3.500 euros máis IVE que custou o pregoeiro, que tamén, senón a todo o proceso de contratación da festa, que está tan reparado que o informe é demoledor.

Así ata 155 deficiencias reiteradas, que parece que non fan mella no grupo de goberno, que vai ao seu ritmo, sen evitar que o ano que vén as contas volvan a estar reparadas, algunhas de doada solución como a de emerxencia social, solución que lle deu o Partido Popular da Guarda pero que ningunean incumprindo acordo plenario, como de costume.

Segundo Conchi Ortega o Goberno Local non asume que goberna en minoría, e que non poderán seguir facendo todo o que lle ven en gana, informándonos a oposición pola prensa ou polos informes de intervención, xa que pedimos documentación que se nos denega en base a que din "non é necesario que o PP coñeza esa información para realizar o seu labor de concelleiros".

"O informe de Intervención resúmese nunha mala xestión que o goberno deberá explicar, xa que non se está xestionando con rigor, unha situación preocupante e inadmisible", sinala a voceira do PP.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones