Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de A Guarda agradece o apoio para declarar A Guarda localidade solidariacoa familiares e enfermos de Alzhéimer e outras demencias

A Voceira do Partido Popular agradece o resto de grupos municipais o apoio a súa moción na que se declara a Guarda localidade solidaria cos familiares e enfermos de Alzhéimer e outras demencias.

A Voceira do Partido Popular agradece o resto de grupos municipais o apoio a súa moción na que se declara a Guarda localidade solidaria cos familiares e enfermos de Alzhéimer e outras demencias.|Foto arquivo Infomiño.com

Fecha: 10 de Octubre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

A Voceira do Partido Popular agradece o resto de grupos municipais o apoio a súa moción na que se declara a Guarda localidade solidaria cos familiares e enfermos de Alzhéimer e outras demencias.
 
Conscentes de que o alzhéimer é un problema socio-sanitario debido á inexistencia de tratamentos efectivos e posibilidades de prevención que azouta brutalmente a poboación guardesa,e conscientes da gran afectación que esta enfermidade produce aos doentes e. Familiares considerou levar ao pasado pleno esta iniciativa mediante moción, que foi aprobada por unanimidade.

A nosa voceira di "que a Guarda non debe quedarse atrás na colaboración coas Asociacións, Pon como exemplos Tui, Salceda, Mos, Porriño, Nigrán... que si asinaron convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia, e nos gustaría que A Guarda tamén" O Grupo municipal pensa que o primeiro paso para abordar esta problemática, e que O Concello de A Guarda faia constar o seu compromiso con este problema de primeira magnitude declarándose " A Guarda Localidade Solidaria cos enfermos de Alzhéimer" concienciándose sobre a existencia desta enfermidade e contribuíndo a súa normalización, explicando a súa realidade, alcance, e facilitando ferramentas para paliar os seus posibles efectos na persoa enferma e na convivencia co seu contorno máis achegado.

De igual xeito nesta moción aprobada por unanimidade se insta o resto de Administracións a que redobren os seus esforzos con este enfermidade instando a administración autonómica a unha estratexia autonómica sociosanitaria que permita desenvolver un Plan Galego de Demencias con programas concretos de atención ás persoas con alzhéimer e as súas familias así como a dun Observatorio del Alzhéimer

Unha vez aprobada por unanimidade o Grupo Municipal Popular estamos seguros que se producirá esa colaboración entre Asociación e Concello, para que desde a proximidade se poda apoiar a familiares e enfermos guardeses de Alzhéimer e outras demencias, como noutros concellos xa se está a producir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones