Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de A Guarda considera un erro do Goberno local non presentar solicitude ao Plan Hurbe 2016

O Partido Popular pensa que os veciños teñen moitas demandas que poderían encaixar perfectamente na resolución do Plan Hurbe, so facía falta que o Alcalde pedira a Subvención.

Proposta do PP de A Guarda para a reforma da rúa do Conservatorio de Música

Fecha: 20 de Septiembre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular de A Guarda, non pode comprender como o grupo de goberno en base á resolución do 15 de xuño de 2016, non presentou a solicitudes de subvención para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016 (ANEXO)

Conchi Ortega di "que so pensando que o Alcade de A Guarda, esta no erróneo convencemento que no concello non fai falla inversión en equipamentos públicos, humanizar rúas e urbanizar e mellorar espazos públicos podemos pódese entender esta decisión do grupo de Goberno socialista". O Partido Popular pensa que os veciños teñen moitas demandas que poderían encaixar perfectamente na resolución do Plan Hurbe, so facía falta que o Alcalde pedira a Subvención.
 
Unha convocatoria, esta de Xuño, na que ata o límite do orzamento, as solicitudes presentadas valóranse por orde de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, é dicir si o Concello de A Guarda, presentaba unha memoria, anteproxecto e orzamento, dentro das primeiras solicitudes, tiña a seguridade que ía ser aprobada, como ocorre noutros concellos da Contorna, proxectos que estamos a coñecer estes días, en concellos de tódalas cores políticas.

ANEXO SOBRE O PLAN HURBE. RESOLUCIÓN de 15 de junio de 2016, de la Secretaría General de Ordenación del Territorio y Urbanismo DOGA 20/06/2016

Este Plan faise para acometer actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes, perseguindo os seguintes obxectivos:

1. Promover o desenvolvemento das vilas e dos núcleos rurais con criterios de sustentibilidade económica, ambiental e social.
 
2. Mellorar os equipamentos e as dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos co fin de proporcionar unha oferta de calidade e adecuada ás necesidades da poboación co fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma.
 
3. Fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico das vilas.
 
4. Incorporar as tecnoloxías de información tanto nas instalacións como na previsión de usos e actividades dos equipamentos municipais.
 
5. Prestar especial atención a aquelas accións sensibles á especificidade de xénero que garantan un acceso máis equitativo de mulleres e homes aos bens e servizos.
 
Para a consecución destes obxectivos desenvolveranse accións nas seguintes áreas de actuación:
• Programa de equipamentos públicos.
• Programa de humanización de rúas.
• Programa de urbanización e mellora de espazos públicos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones