Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DE A GUARDA LAMENTA QUE NON SE CUMPLAN OS ACORDOS PLENARIOS

O PP acusa ao grupo de goberno de intentar desviar a atención nos plenos para agochar a súa ineficacia

O PP acusa ao grupo de goberno de intentar desviar a atención nos plenos para agochar a súa ineficacia

Fecha: 01 de Diciembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, considera que o grupo de goberno intenta durante as sesión plenarias desviar a atención dos temas importantes que lle afectan á Guarda, para agochar a súa ineficacia.

Explica que o que o goberno local intenta facer de cada pleno é "unha sesión de control ao Goberno central e autonómico ou atacar ao Partido Popular local para non asumir as súas responsabilidades. "O grupo de goberno nomea tantas veces a Montoro, que parecería que se trata de un concelleiro da Guarda".

Durante o último pleno celebrado, o pasado venres, o PP presentou 5 mocións e máis de 15 preguntas, exercendo o labor que lle corresponde como grupo da oposición.

Con todo, os populares amosáronse medio satisfeito co desenvolvemento do pleno, ao aprobarse por unanimidade as mocións presentadas polo Partido Popular relativas á posta en marcha de un portal de transparencia para que todos os veciños teñan acceso á información importante que parte do Concello, a moción para a mellora das condición do pavillón da Sangriña, a moción para solicitar a continuidade das excavación no monte de Santa Trega ou a moción contra a violencia de xénero nos colexios de A Guarda. A portavoz lamenta de despois no se cumpran os acordos plenarios..

O Grupo Popular, retirou a moción do IBI, tralo compromiso do grupo de goberno de volver ao tipo xeral, a pesar de que a súa intención nun principio era manter o tipo elevado de 2015. "Supoñemos que as dúas mocións da oposición fixeron que cambiaran de opinión".

Con todo, o PP presentará unha nova moción para solicitar diferentes bonificacións de tipo social e para fomentar o emprego.

Ademais das moción presentadas polo Partido Popular aprobouse a ordenanza de subvencións para os deportistas, de maneira que poidan recibir unha axuda por parte do Concello para sufragar parte dos gastos que teñen nos seus desprazamentos. Ortega explica que se trata de unha ordenanza que levan anos prometendo e a pesar de que o Partido Popular levaba meses advertindo de que había que aprobala con urxencia, non o fixeron ata o pasado pleno, de forma que se perderon as subvencións de 2015.

No tema da aprobación inicial dos estatuos do Padroado de Santa Trega se abstiveron entre outras razóns, porque no participaron na súa redacción pero pensan en presentar alegacións.. O Grupo municipal popular era partidario que se retirasen ata mais consenso cas comunidades, que se tentou na mesma mañan do pleno, pero algunha das partes no apareceron a reunión e eso debilitou a nosa posición.. A nosa portavoz dí " fixen o que puden chamando o Alcalde para expliar a posición da comunidade de Camposancos, non sei si o Alcalde Pedaneo de Camposancos fixo o mesmo, que seguro lle houbesen feito mais caso a hora de deixar os estatutos sobre a mesa"


O PP apoiou ademais varias iniciativas de outros grupos da oposición como o de solicitar unha nova gardería para A Guarda. "Era algo que o PP contemplaba tamén no seu programa electoral, valoramos a posibilidade de presentar unha moción tamén neste pleno, pero ao final decidimos esperar para coñecer as liñas xerais de actuación do recén nomeado Conselleiro de Asuntos Sociais tralo cambio de Xerente do Consorcio de servizos de igualdade e benestar", sinala Conchi Ortega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones