Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DE A GUARDA LAMENTA QUE O CONCELLO NON LLE ESIXA MÁIS AO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN

Non entendemos tanto entusiasmo por un plan de emprego electoralista, con contratos de 2 meses de duración (os anteriores eran de 6 meses)

Non entendemos tanto entusiasmo por un plan de emprego electoralista, con contratos de 2 meses de duración (os anteriores eran de 6 meses)

Fecha: 06 de Noviembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, lamenta que desde o Concello da Guarda non se lle esixa máis ao Plan de Emprego da Deputación. "Non entendemos tanto entusiasmo por un plan de emprego electoralista, con contratos de 2 meses de duración (os anteriores eran de 6 meses), cando os custos son elevados para o Concello e con soldos que están sorprendendo aos propios traballadores por non ser os que os dirixentes do PSOE están dicindo".
 
"Entendemos ademais que non o critiquen abertamente porque a Deputación agora está gobernada polo PSOE, e non lle pedimos que o fagan porque ao final o importante é crear emprego. Pero sí nos parece unha falta de responsabilidade que o alcalde, como alcalde, non esixa máis e pida melloras, porque con este plan de emprego non se están mellorando nada con respecto ao anterior, ao contrario, empeórano bastante".
 
A voceira popular explica que "É sempre unha boa noticia un plan de emprego e máis en concellos coma o de A Guarda, onde a lacra do paro aféctalle a máis de 750 persoas. Pero o que non nos parece responsable é que se fale de contratos precarios cando o Plan de Emprego o pon en marcha o Partido Popular e agora se apoie de forma incondicional e sen esixencias, cando as melloras dos contratos e as novas condicións son moi discutibles".
 
Ortega explica que se ben é certo que aumenta o salario dos traballadores é porque aumentan tamén as horas de traballo á semana, de 25 a 35 horas, e ese aumento nin sequera se fixo de forma proporcional porque nalgunhas catergorías ese aumento de soldo é insignificante.
 
Ortega considera que se trata de un plan de emprego "electoralista", porque nos dous meses que dura pouca solución lle pode traer aos concellos. Ortega explica que antes consensuábase cos alcaldes a época na que podían necesitar máis traballadores, agora faise directamente nos meses de eleccións e campaña electoral".
 
"Non se tivo en conta que en decembro hai moitas xornadas non laborables, nin as condicións meteorolóxicas que pode haber durante estes dous meses, as peores para traballar no exterior", explica.
 
Recorda ademais "que os cursos de prevención, os recoñecementos médicos e a roupa laboral van a cargo dos concellos, que teñen que asumir un elevado custo para menos de dous meses de traballo. Antes asumían estes custos tamén, pero tratábase de contratos de 6 meses, e non de 2".
 
Dende o Partido Popular consideran tamén que o equipo de goberno debería explicar qué prioridades se tiveron en conta á hora de repartir ós 30 traballadores, e se hai algún plan de mantemento urxente. "Porque os veciños sí están denunciando continuamente moitas deficiencias e necesidades, pero non se ve que dende o Concello se lle dea solución a ningunha".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones