Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O PP DE A GUARDA PROPÓN A MELLORA DE SERVIZOS PÚBLICOS E SEGURIDADE NAS PRAIAS

O PP da Guarda propón a colocación de servizos públicos en varios puntos do concello e de duchas nas praias do Carreiro e Cangrexal

O partido popular de A Guarda, ten especial sensibilidade con todos os asuntos sociais, e ca coordinación e medios de seguridade, xa que de todos eles dependen vidas humanas.

Fecha: 06 de Julio de 2015

Fuente: PP de A Guarda

O PP da Guarda propón a colocación de servizos públicos en varios puntos do concello e de duchas nas praias do Carreiro e Cangrexal

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, presenta unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria, na que propón ao Goberno local da Guarda a colocación de unhs servizos públicos autolimpables en lugares accesibles da Alameda, o Porto e no cumio do Monte de Santa Trega. Conchi Ortega considera que o concello guardés ten certas carencias dotacionais en lugares públicos de gran afluencia, especialmente nesta temporada estival, e considera que o Goberno local debería ter en conta as peticións dos populares. "Son moitas as queixas dos veciños e turistas pola falta destes servizos públicos, necesarias de forma especial polas persoas maiores e nenos". DUCHAS NAS PRAIAS
Nesta mesma moción, os populares solicitan ademais a colocación de duchas nas praias urbanas do Carreiro e O Cangrexal. "Entendemos que unha vila como A Guarda, que foi nomeada Destino de Excelencia Europea Eden, ten que ter necesariamente unhas comodidades e unhas dotacións mínimas acordes a esa distinción turística".

 

PREOCUPACIÓN SEGURIDADE NO RÍO MIÑO


O Partido Popular amosa a súa preocupación polos incidentes con risco ocorridos no Río Miño, preto da desembocadura, como o acontecido este sábado pola tarde, xa que deu volta unha embarcación con risco para a súa ocupante, nese momento non había unha embarcación a disposición inmediata do Grupo de Emerxencias Supramunicipais. Coñecemos que os particulares, amosando de continuo a súa solidariedade, unha vez mais prestaron unha embarcación onte aos efectivos de Emerxencias de A Guarda para que puideran actuar neste salvamento.

Ortega resalta "que dada as dificultades da zona da desembocadura do Río Miño, que ben coñecemos os Guardeses, creo que se fai moi necesaria unha embarcación permanente, preparada para calquera rescate durante todo o ano, supoño o sentimento de impotencia que debe embargar os operativos de emerxencia, cada vez que teñen un aviso dende o 112 e non teñen o medio máis básico, unha embarcación para ir a salvar unha vida".


Amosamos o noso apoio a proba deportiva que estaba tendo lugar no porto de A Guarda, na que estaba a Zodiac segundo as nosas informacións, pero tamén pensamos que outra embarcación, das moitas que hai no porto podo facer o seguimento, e manter está permanente para o servizo de Emerxencias, ademais non denunciamos o caso puntual, senón varios acontecidos nos últimos tempos, todos solucionables si a embarcación durante todo o ano estivera preparada saír os efectivos de emerxencias. Si é necesario sempre tendo en conta os riscos e actividade pesqueira (lamprea, angula ...) desenvolvida no rio, no verán mais aínda se cabe, xa que moitos turistas se achegan as nosas praias, sen coñecer como nos, os riscos do tramo final do Rio Miño. Pensamos que a Zodiac debería estar preparada para saír no Pasaxe, e de non ser así, na base de emerxencias pero con un carro para trasladala e actuar ante unha clamada de risco.

O partido popular de A Guarda, ten especial sensibilidade con todos os asuntos sociais, e ca coordinación e medios de seguridade, xa que de todos eles dependen vidas humanas.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí