Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP do Rosal denuncia que as obras de reestruturación que se están acomentendo na vila, perxudican demasiado aos veciños e ao comercio local

Os populares denuncian que as obras que se están a facer na Rúa Nova do Couso, son un claro exemplo de falta de diálogo cos veciños e comerciantes

Os populares denuncian que as obras que se están a facer na Rúa Nova do Couso, son un claro exemplo de falta de diálogo cos veciños e comerciantes

Fecha: 05 de Abril de 2023

Fuente: PP do Rosal

A alcaldesa do BNG, Ánxela Fernández, está levando a cabo diferentes modificacións nas rúas cercanas a Plaza do Calvario, que o único que fan é lastrar tanto ao comercio local, póndolle moitas máis dificultades para que poidan sacar adiante os seus negocios, como aos veciños e veciñas do Rosal, pondo tamén impedimentos para que estes vivan e disfruten todo o que ofrece o noso Concello.

 

Os populares denuncian que as obras que se están a facer na Rúa Nova do Couso, son un claro exemplo de falta de diálogo cos veciños e comerciantes, xa que se están executando propostas que van en contra dos seus intereses. Pregúntanse onde queda iso de “a veciñanza conta” xa que estas obras se están levando a cabo sen ter mantido as conversas necesarias para escoitar como podían afectar na contorna. Explican desde o PP, “non encontramos sentido que tendo dous parkings habilitados para poder colocar os cargadores dos coches eléctricos, teña que reestruturarse toda unha vía que daba servicio a veciños e comercios e agora se modifique deixándoa de sentido único e se elimine espacio e operatividade”, sentencian.

 

Dende o Partido Popular de O Rosal din que “copiar propostas de outros Concellos sen ter pensado nin sequera se son viables, poñen outra vez de manifesto a falta de personalidade política do goberno local”. Nesta liña, o candidato popular, Carlos Rodríguez, traslada que “o Partido Popular de O Rosal xa tiña prevista a colocación destes cargadores en outro espacio más apropiado e que non xeraba tantos inconvenientes, como é o aparcamento que sen encontra ao pe dos Muiños do Folón. Se non querían seguir ese proxecto, Barbubtín era moito mellor lugar para telos colocado. Todo este cambio nas direccións do tráfico feitos tamén na Rúa Cabaqueiros e na Rúa Manuel Suárez, a colocación de saíntes nas aceras, ou a reducción de plazas de aparcamento cernas ao núcleo urbán onde se desenvolve a vida diaria da vila, non fan máis que entorpecer e por ainda máis trabas. Se di que se está construindo “O Rosal das persoas” e que “os veciños son o centro” cando a realidade é que están facendo que os veciños e quen nos queira visitar teña máis impedimentos día a día e busquen alternativas fora”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí