Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP impide un acordo parlamentario para dotar de profesionais os servizos sanitarios de A Guarda

Julio Torrado reclama un segundo equipo de facultativos para o PAC de A Guarda e a cobertura de baixas no Centro de Saúde local

Sinala que a Consellería de Sanidade -actúa como un boxeador noqueado- que -prefire a soberbia a atopar unha solución-

Fecha: 17 de Enero de 2020

Fuente: PSOE Parlamento

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe a actitude do conselleiro de Sanidade "como un boxeador noqueado, protexido na esquina" e que en lugar de recoñecer o erro e tirar a toalla "prefire a soberbia a atopar solucións". Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para reivindicar un segundo equipo de facultativos para o PAC de A Guarda, que foi vetada polo PP.

Torrado criticou así a actuación do goberno galego facendo caso omiso dos profesionais que urxen o reforzo dos recursos humanos na sanidade pública presentando informes que son "bofetadas á Consellería". Alertou das consecuencias nefastas para a cidadanía da xestión dun "goberno á deriva cando é necesario que finiquite a situación e permita afrontar un novo modelo de Atención Primaria con máis recursos".

Reclamou así o reforzo do persoal no PAC de A Guarda, que ofrece servizo a outros concellos da localidade, e que actualmente dispoñen de 8 médicos en dúas quendas, dos que "en moitas ocasións tan só están a metade dispoñibles pola negativa do goberno galego a contratar substitucións". Tamén reclamou a "correcta e plena asistencia sanitaria no Centro de Saúde" da localidade.

Os socialistas galegos urxen ademais ao conselleiro de Sanidade a que abra a porta do seu despacho aos responsables locais, que xa lle pediron ata 4 encontros no que vai de Lexislatura -dúas solicitadas polo alcalde de A Guarda e outras dúas polo conxunto de alcaldes do Baixo Miño-, sen que se ata o momento se dignara a atendelos en ningunha ocasión.

Explicou que o Concello de A Guarda constitúe un "claro exemplo das consecuencias dunha xestión sanitaria á deriva, onde a precariedade e déficit de recursos humanos evidéncianse prexudicando a atención e a calidade asistencial aos veciños e veciñas". A falla de cobertura de baixas ou vacacións satura aos profesionais, que chegan a atender a máis de 50 citas nun só día.

Esta saturación deriva na chegada masiva aos servizos do PAC e mesmo a urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que está "a unha hora de distancia pola ausencia de infraestruturas de comunicación que o Goberno da Xunta de Galicia non executa". Sinalou así ao proxecto de Vía de Alta Prioridade, que vén sendo incluída nos Orzamentos do goberno galego cada ano desta Lexislatura pero no que "aínda non investiron un só euro".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones