Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP lamenta que as disputas entre PSOE e BNG lastren a situación da Rúa a Concepción Areal, na Guarda

O Partido Popular critica que a Rúa Concepción Areal, na Guarda, está cada vez nun estado máis lamentable, cun deterioro evidente provocado pola falta total de mantemento.

O Partido Popular critica que a Rúa Concepción Areal, na Guarda, está cada vez nun estado máis lamentable, cun deterioro evidente provocado pola falta total de mantemento.

Fecha: 04 de Mayo de 2017

Fuente: PP de A Guarda

Nidia Arévalo critica que "este é un exemplo claro do ritmo desta nova Deputación, hai 20 meses que os veciños están esperando unha solución que non chega". Conchi Ortega pide que "mentres non se poñen de acordo no que queren, polo menos que aseguren o mantemento da estrada".

O Partido Popular critica que a Rúa Concepción Areal, na Guarda, está cada vez nun estado máis lamentable, cun deterioro evidente provocado pola falta total de mantemento. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, e o deputado Julio Alén, visitaron a rúa acompañados pola voceira local do partido, Conchi Ortega. Lamentaron que, a pesar de que hai máis de ano e medio desde que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, se comprometeu en público a mellorar esta estrada, "a día de hoxe non hai data para as obras e os veciños continúan padecendo problemas de seguridade vial neste acceso ao Porto".

"Os usuarios teñen que esquivar cada día socavóns e os peóns interpretar onde están os pasos para cruzar a vía. Hai falta de seguridade e moitos problemas de tráfico nunha das principais arterias do concello", denuncia Conchi Ortega. Para os populares, as disputas internas que hai entre PSOE e BNG sobre o que queren para esta concurrida rúa, están lastrando a súa situación. "Hai máis de ano e medio desde que comprometeron a mellora desta estrada, e neste tempo, nin deron pasos para executar o proxecto, nin houbo nin unha soa tarefa de mantemento xustificándose no inicio de unhas obras que non chegan", critica a voceira local. Nidia Arévalo apunta que "este é un exemplo claro do ritmo desta nova Deputación, xa pasaron 20 meses e os veciños continúan esperando unha solución que non chega, pero o peor de todo, é que esta estrada está cada día máis deteriorada". Por iso, entende, "é fundamental que non perdan nin un minuto máis e se responsabilicen do seu mantemento mentres solucionan as súas desavinzas internas sobre o proxecto, porque coa súa inoperancia están prexudicando aos veciños da Guarda". Nidia Arévalo esixe a Carmela Silva "que cumpra a súa palabra e o seu compromiso. Hai miles de testemuñas que escoitaron a súa promesa en 2015 durante o pregón das Festas do Monte, as mesmas que a día de hoxe comproban o seu incumprimento e falta de xestión".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones