Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP NON SE RESIGNA A DEIXAR MORRER O POTENCIAL TURÍSTICO DA GUARDA

Os populares propoñen a elaboración dun Plan Estratéxico de Turismo

A voceira popular lamenta que as cifras de visitantes de A Guarda e o Baixo Miño se afasten tanto das de outras comarcas galegas

Fecha: 27 de Enero de 2016

Fuente: PP de A Guarda

"No PP non nos resignamos a que o Goberno local deixe morrer o potencial turístico do noso concello, por iso desde a oposición, e dada a pasividade do goberno, temos a responsabilidade de actuar e tirar do carro", así de contundente se amosou a voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, que acaba de presentar unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria deste venres 29 de xaneiro, na que propón un regulamento da Mesa de Turismo na que figuren os obxectivos, a composición e se regule o seu funcionamento desde a súa posta en marcha. Desde o Goberno local teñen que tomar conciencia de que o turismo é un motor económico para o crecemento do noso concello, e que axuda ademais ao impulso de outros sectores. E este é o momento no que o Goberno local xunto co sector, ten que impulsar de forma definitiva o turismo", explica Conchi Ortega. A voceira popular lamenta que as cifras de visitantes de A Guarda e o Baixo Miño se afasten tanto das de outras comarcas galegas, que aínda que teñen atractivo, non se achegan nin de cerca ao potencial turístico do noso concello. Así a voceira popular explica que a vantaxe da Guarda é que non precisamos montar un parque acuático nin tampouco de atraccións para atraer visitantes porque dispoñemos dun xeito natural todas as características que fan de A Guarda un lugar privilexiado, -explica Ortega-, pero todos eses bens e valores teñen que ser aproveitados axeitamente e xestionados polo concello co apoio dos profesionais do sector turístico.

Nesta liña a voceira popular subliña que non podemos improvisar nin pensar que "todo funciona só", senón que temos que elaborar un Plan Estratéxico de Turismo. Pensamos que é fundamental facer partícipe nese Plan ao sector hostaleiro, restauradores, sector comercio, praza de abastos, etc, organizar reunións de tormenta de ideas e coordinar as accións a realizar. Só coa colaboración de todos se pode chegar a planificar ben o futuro da nosa vila cara ao Turismo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones