Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP NON VAI A FACER POLÍTICA CO PXOM

Os populares de A Guarda propoñen empezar a traballar dende hoxe mismo para ter un documento que cumpla as leis actuais e se actualice coa nova Lei do Solo

Os populares de A Guarda propoñen empezar a traballar dende hoxe mismo para ter un documento que cumpla as leis actuais e se actualice coa nova Lei do Solo

Fecha: 12 de Diciembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

O PP de A Guarda considera que o PXOM debe quedar fóra de discusións políticas xa que é un documento de especial importancia para garantir o desenvolvemento e crecemento do concello, pero despois de que o alcalde acusase aos concelleiros populares de obstaculizar o PXOM, a voceira Conchi Ortega contesta que, precisamente, é o inmovilismo do Goberno o que impide aprobar o documento urbanístico.
 
O PP da Guarda explica que, dende o primeiro día, amosou unha actitude construtiva co PXOM, mantendo reunións co goberno, coa Xunta, con Consultora Galega, pero os populares atopáronse con que había que votar un plan que levaba anos gardado nun caixón, cus informes previos da Xunta sen contestar ni recoller, sen modificar nin actualizar coas novas leis aprobadas trala súa redacción. Ademais, a empresa redactora do documento urbanístico solicitou dende principios de Maio, antes das eleccions municipais a vontade de rescisión do contrato ao non haber un acordo económico para actualizar o Plan, tanto en modificacions necesarias por erros e novas construccións, como para adaptalos a novas leis. Por este motivo, aos populares parécelles imposible aprobar inicialmente o PXOM porque non hai unha empresa que se faga cargo de contestar as alegacións, os informes que esixe a Xunta, e actualice o plan, donde nos podamos aportar, ou calquer outro grupo o colectivo.
 
Por este motivo, o PP esixe ao goberno que asuma a súa responsabilidade despois de que non prosperase hoxe en pleno a proposta de Alcaldia, e se poña a traballar xa para solucionar esta situación. Así, pide que se resolva o litixio coa empresa redactora do plan, e que o novo equipo redactor, resultante dun concurso público ben publicitado, utilice os arquivos editables existentes para modificar e adaptar o novo plan á lei. Tamén propoñen os populares que se reconsidere a ordenación e a calificación do solo, tendo en conta a realidade do Concello da Guarda.
 
Para Conchi Ortega o momento de aprobar inicialmente o PXOM é cando esté actualizado, porque será nese momento cando se ofreza aos guardeses un plan realista e adaptado ás súas necesidades a medio e longo prazo. Ofrecerase, ademáis, un plan obxectivo, adaptado ás normativas vixentes e á nova Lei do Solo de Galicia. Ofrecerase un plan ambicioso, pero sensato, acorde coas perspectivas de crecemento poboacional, e pensado para medrar no desenvolvemento turístico, comercial e industrial cara ao futuro. Un plan que ofreza garantías xurídicas e que solucione problemas do pasado, como as coñecidas como 21 licenzas. "Só con un plan xeral seguro xuridicamente, poderemos solucionalo, senon será crear mais inseguridade e problemas a estos veciños", sentencia Ortega.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí