Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: PUBLICIDAD ONLINE INFOMIÑO SALCEDA, AS NEVES, ARBO, SALVATERRA

O PP Provincial celebra unha reunión de traballo nas Neves coa candidatura das eleccións autonómicas 2024 con motivo do 1º aniversario da vitoria de Alfonso Rueda

O presidente provincial, Luis López, acompañado da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, e dos conselleiros Román Rodríguez e José López, analizou os retos e proxectos de futuro e celebrou o resultado colleitado neste territorio, con 11 deputados, e no resto e

O presidente provincial, Luis López, acompañado da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, e dos conselleiros Román Rodríguez e José López, analizou os retos e proxectos de futuro e celebrou o resultado colleitado neste territorio, con 11 deputados, e no resto e

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Marzo de 2025

Fuente: PP Pontevedra

O PP Provincial, co seu presidente Luis López á cabeza, vén de celebrar unha reunión de traballo no municipio das Neves con todos os integrantes da candidatura pola circunscrición de Pontevedra nas pasadas eleccións autonómicas 2024 con motivo do 1º aniversario da vitoria, con rotunda maioría absoluta, de Alfonso Rueda.

 

Os populares foron recibidos na vila, antes do seu encontro, polo alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, con quen departiron sobre os proxectos e a reactivada xestión municipal despois de que o PP recuperase o goberno local deste municipio do Condado hai preto de dous anos.

 

Posteriormente, Luis López, que estivo acompañado pola secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro, e polos conselleiros Román Rodríguez e José López, entre outros cargos, analizou os retos e os proxectos de futuro para a provincia, facendo especial fincapé no maltrato que o PSOE, a través do Goberno de España, está inflinxindo a todo o territorio de Pontevedra.

 

Así mesmo, a xuntanza tamén tivo unha parte de celebración por mor deste primeiro aniversario, no que se destacou o gran traballo de toda a candidatura, as 61 agrupacións locais, os alcaldes, voceiros, concelleiros e militantes para colleitar un “magnífico resultado” de 11 deputados nas pasadas eleccións autonómicas e no que se brindou pola maioría absoluta sen paliativos obtida por Alfonso Rueda en toda Galicia.

 

Finalmente, o presidente provincial e os integrantes da candidatura pontevedresa tamén destacaron a “implicación, sensibilidade e compromiso” do presidente e de todo o Goberno galego coa provincia e comezaron a deseñar as estratexias de traballo para repetir ou mellorar este maioritario apoio electoral nas eleccións municipais de 2027.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí