Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP reclama maior transparencia e igualdade no acceso ás subvencións na Guarda

Conchi Ortega presenta unha moción, para ser debatida este vernes no Pleno

Conchi Ortega presenta unha moción, para ser debatida este vernes no Pleno

Fecha: 26 de Enero de 2018

Fuente: PP de A Guarda

A voceira do PP no Concello da Guardia, Conchi Ortega, presentou unha moción para que sexa debatida no seguinte pleno da Corporación demandando unha maior transparencia e igualdade de oportunidades a través da posta en marcha polo equipo de goberno dunhas bases que baremen axeitada e obxectivamente o proceso de concesión de subvencións a entidades asociativas do municipio no eido da cultura, o deporte, etc. tal e como figura na Lei Xeral de Subvencións e unha vez vistas as advertencias reiteradas e os reparos que reflicten os informes técnicos da Intervención Municipal, os derradeiros .

Conchi Ortega na defensa da súa moción argumenta que a aprobación dunhas bases previas "axudaría a borrar calquera sombra de dúbida, de posibilidade de escurantismo e incluso de arbitrariedade á hora de que se concedan as axudas aos distintos clubes ou entidades do tecido asociativo do noso municipio, tal e como dispón a normativa vixente".

Ortega basea a súa argumentación na necesidade de "ademais de facer un procedemento limpo, transparente e equitativo para todos os colectivos sociais, culturais e deportivos, queremos gañar en tranquilidade para todos os beneficiarios non vaia a ser que por cuestións técnicas e administrativas ao terse feito mal teñan que voltar cartos que xa foron gastados en actividades, pero por non haber unha seguridade xurídica teñan que devolvelos. Non sería o noso desexo, pero ninguén estaría deslixitimado para defender os seus intereses cunha reclamación que puidera ser estimada".

Finalmente Conchi Ortega incidiu no "espírito positivo" da súa moción coa intención de "evitar faladurías" e prexuízos sobre "repartos arbitrarios" e predeterminados de subvencións "acolléndonos para iso a unha norma clara, aprobada en pleno, cunhas bases e uns baremos ponderados que poidan facer máis eficiente e equitativo o reparto dos recursos públicos en función de proxectos ou iniciativas e non preferencias que puideran ser interesadas ou non, pero que deste xeito e coa axuda dos técnicos e a lexislación vixente poderían corrixirse o máximo posible en beneficio de todos os colectivos representativos do amplo tecido asociativo do noso municipio", conluíu a voceira popular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones