Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP URXE A CONTRATACIÓN DUNHA EMPRESA REDACTORA PARA DOTAR DE PXOM Á GUARDA

un plan consensuado con toda a corporación, pero sobre todo un plan no que se facilite a participación dos veciños

un plan consensuado con toda a corporación, pero sobre todo un plan no que se facilite a participación dos veciños

Fecha: 21 de Mayo de 2016

Fuente: PP de A Guarda

"Defendemos un plan consensuado con toda a corporación, pero sobre todo un plan no que se facilite a participación dos veciños", sinala Conchi Ortega.
Din que non puideron apoiar un plan que levaba anos gardado nun caixón, sen modificar nin actualizar as leis.

Manifestan que coñeceron meses mais tarde que a empresa redactora do plan quería rescindir o contrato, algo que pasou fai un ano, cando ni sequera eran concelleiros.

O Partido Popular da Guarda urxe ao Goberno municipal que comece os trámites para sacar a concurso a contratación dunha empresa redactora para dotar "dunha vez por todas" dun PXOM actualizado ao municipio. Así o pedirán no próximo pleno municipal, no que van defender unha moción que confían en que "sexa un novo inicio e unha folla de ruta para aprobar un plan que vai garantir o desenvolvemento e crecemento da Guarda", sinala a voceira popular Conchi Ortega. Para os populares o único culpable desta situación é o alcalde, que a pesar de saber que a aprobación inicial non sairía adiante convocou un pleno extraordinario, cos consiguientes gastos en decembro "no que quedou patente o seu empecinamento por levar adiante un PXOM para A Guarda sen actualizar, incumprindo varias leis como a de Montes e a de Estradas, e con erros evidentes". Algúns deles, e que denunciaron xa os populares, son que a zona industrial das Cachadas aparece como hoteleira, que a rotonda de Pintán e o trazado do vial non figuran no plano por onde pasa realmente, que se estudase outra posibilidade para a zona de Salcidos, os APR... "cuestións técnicas, non políticas, pero que non recibiron ningún tipo de resposta". Dende fai un ano, a empresa redactora do plan, manifestou o seu interese por rescindir o contrato, nos coñecemos esta información meses despois. Estivemos traballando para aprobalo, pero non tiñamos todos os datos, o dato mais importante, que non había empresa redactora do plan.Recorda Conchi Ortega que esta moción xa a presentaron en xaneiro, pero que naquel momento a retiraron a petición do Goberno porque aínda non estaba aprobada a nova lei do solo. "Pero agora que xa está en vigor volvemos a urxir que contraten unha empresa que continúe cos traballos porque non hai tempo que perder", sinala, ao tempo que defende "un plan consensuado con toda a corporación, pero sobre todo un plan no que se facilite a participación dos veciños". Nesta liña di que "queremos un plan que cumpra coas esixencias dos guardeses e se adapte á realidade da nosa vila, cumprindo ademais cos requirimentos dos organismos implicados e coa lexislación vixente, para evitar os problemas urbanísticos que sufre este vila". O que non van apoiar, din os populares, é un plan que levaba anos gardado nun caixón, sen modificar nin actualizar coas novas leis aprobadas trala súa redacción, e que carecía dunhas garantías mínimas para os veciños, entre elas contar cunha empresa que contestase ás súas alegacións, o dia seguinte da súa aprobación inicial. O Partido Popular de A Guarda non quixo facer pública a súa posición, porque creen que un Plan urbanístico, debe estar fora das loitas partidistas, pero xa outros grupos fixeron pública a súa posición, entón é unha obriga cos veciños que coñeceran a nosa posición.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones