Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP vota en contra da iniciativa do BNG de dotar de aceso sur ao porto da Guarda

Ángel Baz: É unha vergoña que o PP vote a favor do acesos sur no Concello e vote en contra no Parlamento galego

É preciso realizar un aceso sur para dotar dunha infraestrutura axeitada á actividade portuaria

Fecha: 10 de Mayo de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

Ángel Baz: "É unha vergoña que o PP vote a favor do acesos sur no Concello e vote en contra no Parlamento galego. O PP non ten vontade política para realizar o aceso ao porto tan necesario para a Guarda"

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento galego, por medio da deputada Montse Prado Cores, dentro da campaña que está a facer a formación nacionalista para dotar á Guarda dun aceso sur.

A deputada do BNG na Comisión de Pesca, quedou sorprendida ante a negativa do goberno do PP de levar adiante esta obra.

"O que lles molestou ao PP é que foi o BNG quen presentou esta iniciativa. Cheguei a propoñer a retirada da proposta e que fose o propio PP quen a presentase, para o que contaría co voto favorábel do BNG. Tampouco lles valeu", comentou Montse Prado.

Para o BNG queda claro a dobre cara do PP, que di unha cousa no concello da Guarda e outra totalmente diferente na Xunta.

A iniciativa ía no mesmo sentido que a moción presentada polo BNG no Concello da Guarda e que foi apoiada por unanimidade dos membros, incluído o PP, onde se instaba ao Goberno galego a realizar un aceso sur para dotar dunha infraestrutura axeitada á actividade portuaria, xa que a rúa Concepción Arenal perdeu a súa condición de aceso ao porto para converterse nunha das rúas urbanas máis transitadas do pobo.

"O interese do PP polo noso pobo é cero. Esta era a oportunidade de demostrar que quere o Partido Popular e xa o vemos: que a Guarda siga a morrer por falta de infraestruturas necesarias para o seu desenvolvemento", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG vai seguir traballando para que o aceso sur ao porto da Guarda sexa unha realidade dentro dun proxecto de pobo no que a accesibilidade é unha sinal de identidade da formación nacionalista.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones