Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O presidente da Deputación participa na Marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra e impulsa o turismo deportivo

A sétima edición da Marcha Ultreia percorreu 52 quilómetros entre Tui e Pontevedra para promover o deporte, a natureza e o turismo interior das Rías Baixas.

A sétima edición da Marcha Ultreia percorreu 52 quilómetros entre Tui e Pontevedra para promover o deporte, a natureza e o turismo interior das Rías Baixas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Abril de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na sétima edición da Marcha Ultreia, un trail de 52 quilómetros que uniu os concellos de Tui e Pontevedra, poñendo en valor o potencial turístico e natural do interior da provincia.

A marcha partiu ás primeiras horas da mañá da Praza de San Fernando en Tui, e tras varias horas de camiñada chegou ao seu final no monumento da vela da Rúa Gorgullón, en Pontevedra, facendo unha parada intermedia na Festa da Ostra de Arcade, un dos eventos gastronómicos máis recoñecidos da primavera galega.

Durante o percorrido, os participantes puideron gozar de espazos naturais de gran beleza, sendas e roteiros pouco transitados, convertendo a actividade nunha experiencia que combina deporte, natureza e promoción do territorio.

Luis López destacou que eventos como a Marcha Ultreia son claves para consolidar a imaxe das Rías Baixas como unha provincia ligada ao deporte e á sustentabilidade, á vez que permiten avanzar na estratexia de descentralización turística. “Queremos poñer en valor o noso paraíso interior e abrir novos camiños para un turismo activo e de calidade que dinamice a economía local”, indicou.

A Marcha Ultreia continúa gañando protagonismo ano tras ano, atraendo a centos de participantes e converténdose nunha cita de referencia para os amantes do trail e do sendeirismo en Galicia. A súa celebración reafirma o compromiso da Deputación coa promoción de estilos de vida saudables, o respecto polo medio ambiente e o desenvolvemento rural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí