Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Programa Aquí Galicia da TVG chega este mércores á Guarda

Dende o Concello da Guarda convídase a todo aquel que o desexe a participar coma público na emisión deste programa de 18:00 a 19:40 horas este mércores no Auditorio de San Bieito da Guarda.

Dende o Concello da Guarda convídase a todo aquel que o desexe a participar coma público na emisión deste programa de 18:00 a 19:40 horas este mércores no Auditorio de San Bieito da Guarda.

Fecha: 08 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Este mércores día 8 de agosto o Auditorio de San Bieito de A Guarda converterase nun plató de televisión para albergar a emisión en directo do programa da TVG Aquí Galicia Tour.

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo directo, coa participación activa do público, entrevistas curiosas, reportaxes, e actuacións musicais de todo tipo. Así é o "Aquí Galicia Tour", o programa que todas as tardes, de 18:00 a 19:40 horas emite a Televisión de Galicia, dende o día 9 de xullo.

A presentadora, Lucía Rodríguez, conta coa colaboración de varios equipos de reporteiros que estarán espallados por distintos puntos da xeografía galega para non perder detalle de todo canto aconteza estes meses de verán, facendo este mércores unha parada na vila da Guarda.

Co fin de abranguer toda Galicia, os equipos de reporteiros, encabezados por Duarte Galbán, Tania Veiras e Pepe Capelán, estarán espallados por distintos puntos da xeografía para facerse eco de todo canto ocorra.

Dende un set instalado no Auditorio de San Bieito a presentadora, Lucía Rodríguez, estará acompañada por veciños e asociacións de todo tipo, tales como Comisións de Festas, deportistas, expertos locais, cociñeiros, artesáns, etc.

Asemade, tamén son protagonistas do programa as agrupacións artísticas da zona, tales como grupos de baile, grupos de gaitas, pandereteiras, bandas de música, orquestras ou formacións musicais do máis diverso. Todos eles participan no programa ofrecendo o que mellor saben facer: a súa musica e o seu baile.

Como instrumento para potenciar o coñecemento xa non só do concello e as áreas limítrofes, senón de toda a comarca, "Aquí Galicia Tour" ofrecerá unha serie de reportaxes que ilustrarán aos espectadores sobre diversos aspectos da Guarda.

Dende o Concello da Guarda convídase a todo aquel que o desexe a participar coma público na emisión deste programa de 18:00 a 19:40 horas este mércores no Auditorio de San Bieito da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí