Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa -Mulleres en acción. Violencia zero- chega á Guarda de mans da artista Ana Arregui

Ás 12:00h terá lugar un minuto de silencio en solidariedade polas vítimas dos incendios de Portugal.

Ás 12:00h terá lugar un minuto de silencio en solidariedade polas vítimas dos incendios de Portugal.

Fecha: 21 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A deputada provincial, Montse Magallanes, acompañada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asistirá mañá mércores 21 de xuño, ás 11:30 horas na Praza do Reló, a unha nova intervención artística organizada polo programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", do servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra a lacra machista así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas galegas que están a traballar a prol da igualdade.

Nesta ocasión, a encargada da acción será a artista sevillana Ana Arregui, un referente a nivel estatal, que a través dunha acción pictórica reflexionará sobre as causas da violencia e da discriminación xeradas polo pensamento biolóxico e social da supremacía masculina e a debilidade feminina.

Ana Arregui nace en 1983 en Osuna (Sevilla), aínda que actualmente reside en Madrid. É licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV) en 2008, cun Máster en Produción Artística, especialidade Arte e Tecnoloxía, cursado tamén na UPV, en 2010. É unha artista multidisciplinar e investigadora. Entre os seus últimos proxectos expositivos destacan No autorretrato (The Trial Project, We Are Fair, Madrid, 2016) e Arqueolejías. Identidades líquidas (Se Alquila/Público, Madrid, 2015). En 2014 participou no programa da feira Cuarto Público en Santiago de Compostela e foi unha das artistas seleccionadas en EstudioAberto#3, Residencias Artísticas (Rede Museística da Deputación de Lugo).

Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra reúne o traballo de 25 artistas, especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.

Esta edición do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", que deu comezo de novembro do ano pasado en conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, ten previsto recalar ó longo do ano en 25 concellos de toda a provincia (Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui).


As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

Ás 12:00h terá lugar un minuto de silencio en solidariedade polas vítimas dos incendios de Portugal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones