Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O proxecto -O teu Xacobeo 2021- da Xunta de Galicia e Cruz Vermella remata a segunda edición con máis de 550 participantes, 50 persoas da comarca de Baixo Miño

Sairá un autobús dende A Guarda a Santiago de Compostela para finalizar o proxecto, realizando un traxecto de entrada na cidade compostelá.

Sairá un autobús dende A Guarda a Santiago de Compostela para finalizar o proxecto, realizando un traxecto de entrada na cidade compostelá.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Septiembre de 2021

Fuente: Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño

Por segundo ano, Cruz Vermella e a Xunta de Galicia sacan adiante o proxecto “O teu Xacobeo”. Con esta iniciativa búscase fomentar a inclusión e participación activa dos colectivos que atende a ONG: voluntariado, xuventude, persoas maiores, inmigrantes..., potenciando o valor do Camiño de Santiago. A iniciativa está promovida e financiada pola Xunta de Galicia e conta cunha aportación de 15.500 euros.
Os participantes percorreron diferentes variantes do Camiño, pasando polos concellos de Pontevedra, Tui, Catoira, Cambados e a Illa de Arousa, entre outros. Foron un total de 14 saídas repartidas entre o 15 de maio e o 25 de setembro de 2021. As últimas saídas fixéronse este venres e sábado, o sábado sairá un autobús dende A Guarda rumbo a Santiago para xuntarse cos grupos de Vigo e Ponteareas, e dar peche á edición.
O proxecto tivo moita aceptación por parte dos participantes : “La salida fue estupenda. Repetiría, me gustaría seguir haciendo el camino, así, por etapas. Ir haciendo otros 5 o 6km, hasta terminar el camino”. Comentaba unha das participantes usuarias do programa de persoas maiores.
Outra das participantes, neste caso do programa de inclusión, facía fincapé nas ganas que tiña de seguir coñecendo a zona, xa que por motivos do COVID-19 esta era a súa primeira saída turística: “A mí me ha parecido una experiencia realmente maravillosa, ya que yo llevo un año y medio acá, llegué cuando estaba iniciando la pandemia y esta es mi primera salida turística para conocer de las maravillas que tiene Vigo y sus alrededores. Estoy encantada y espero que me sigan invitando y avisando de las actividades que hay.”

O obxectivo destas saídas é potenciar o valor do Camiño de Santiago como unha oportunidade de participación social que promova o valor cultural de Galicia, a través de hábitos de vida saudables, protexendo o entorno e promovendo espazos de ocio alternativos e interacción social, así como a inclusión dos colectivos vulnerables e o seu acceso a os recursos de ocio, culturais e de patrimonio coma o resto de cidadáns.
Dentro deste marco, e como actividade para finalizar a edición, dende a Xunta e Cruz Vermella organizaron un concurso de debuxo para todos os usuarios da ONG, co que pretenden dar a coñecer o rico patrimonio que ofrece o Camiño de Santiago.
A temática é o Ano Xacobeo e o Camiño de Santiago a través do cal pretenden que os participantes dean a súa visión do Camiño. A técnica artística a empregar é de libre elección e as categorías para participar divídense por rangos de idade: infantil (6-12 anos), xuvenil (13-18 anos) e adultos (maiores de 18 años). Os gañadores recibirán un obsequio e as obras gañadoras serán publicadas no calendario de Cruz Vermella do próximo ano.
Durante o ano 2019 desenvolveuse a primeira edición deste proxecto, no que participaron 434 persoas pertencentes aos distintos colectivos que atende a organización chegadas dende todas as asembleas comarcais de Cruz Vermella na provincia, igual que na segunda edición: Baixo Miño, O Condado, Vigo, Redondela, O Salnés, Tabeirós-Terra de Montes, Lalín e Pontevedra. O proxecto tivo unha gran acollida, e realizouse seguindo as pautas e normativas por COVID-19, gardando a distancia social necesaria para no poñer en perigo a ningún dos participantes.
Para inscricións ou máis información sobre as actividades levadas a cabo en Cruz Vermella Pontevedra podes contactar a través do Facebook provincial “Cruz Roja Española en Pontevedra”, chamando a túa asemblea local ou a través da páxina web www.cruzvermella.gal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones