Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSDEG-PSOE deixa unha Entidade Local Menor de Camposancos totalmente saneada e operativa

Salvagardar o futuro tanto económica como administrativamente era o principal obxectivo da agrupación.

Salvagardar o futuro tanto económica como administrativamente era o principal obxectivo da agrupación.

Fecha: 14 de Agosto de 2019

Fuente: Socialistas de A Guarda

@s Socialistas da Guarda queren agradecer a Rafael Álvarez, antigo alcalde pedáneo, o traballo e esforzo adicado nos últimos anos a ELM. A situación actual é o exemplo claro do traballo realizado, e o principal garante de futuro para esta administración. As cifras amosan preto de 200.000€ dispoñibles nas arcas da entidade, e a presenza de interventor e secretario, outorga a operatividade necesaria para o día a día. Salvagardar o futuro tanto económica como administrativamente era o principal obxectivo da agrupación. Ademais, a garantía e mellora do subministro de auga potable e a incorporación da administración electrónica para facilitar os trámites relacionados ca entidade, fomentan unha maior autonomía desta, a vez que a acercan máis á veciñanza.

Outra liña de traballo, foi en conxunto con Antonio Lomba e o resto da corporación municipal de A Guarda, dende onde se conseguiron sacar adiante proxectos e necesidades de gran importancia para a bisbarra. Exemplos desta colaboración son as humanizacións da subida de San Amaro, do camiño e a fonte do Aloque, ou a dinamización do espazo do antigo campo do Codesal, con espazos para a práctica de deportes de praia e petanca. Están tamén a piques de comezar a restauración do camiño e da fonte do Aloque e a mellora do entorno da praia do Muiño e o seu acceso gracias a fondos europeos de cooperación.

Por outra banda, por medio do actual vogal socialista, Fernando Cajaraville continuaremos traballando por unha solución integral para evitar a desaparición do piñeiral da praia da Lamiña e para a mellora da estrada de Circunvalación ao Monte. Seguiremos loitando fronte as administracións competentes, mantendo o compromiso ca veciñanza que sempre nos caracterizou, xa dende principios do século XX con Camilo Carrero, primeiro concelleiro socialista en Camposancos no ano 1931.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones