Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSdeG-PSOE e o BNG acadan un acordo de goberno para o mandato 2019-2023 na Guarda

Crearase unha Comisión de Seguimento paritaria constituída por representantes das dúas formacións políticas que terá como cometido aclarar os puntos non previstos neste acordo

Crearase unha Comisión de Seguimento paritaria constituída por representantes das dúas formacións políticas que terá como cometido aclarar os puntos non previstos neste acordo

Fecha: 17 de Junio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

1.-PRINCIPIOS DE FUNCIONAMENTO DO GOBERNO

As áreas de delegación terán autonomía real para desenvolver a súa labor e contarán con sinatura delegada . Queda a criterio de cada grupo a distribución interna de responsabilidades. A Xunta de Goberno estará composta polo Alcalde e 5 concelleiros, tres do BNG e dous do PSdeG-PSOE. Respecto das tenencias de Alcaldía existirá unha única Tenencia de Alcaldía que recaerá no BNG.

Para desenvolver unha eficaz acción de goberno é necesario contar coa aprobación dos orzamentos en tempo e forma, os orzamentos e o Plan Concellos da Deputación aprobaranse por consenso e cunha distribución do 50% para cada unha das forzas políticas que integran o presente acordo.

Crearase unha Comisión de Seguimento paritaria constituída por representantes das dúas formacións políticas que terá como cometido aclarar os puntos non previstos neste acordo, resolver calquera cuestión que poida xurdir froito da acción do goberno, así como facer un seguimento do pacto, a periodicidade das reunións establecerase de mutuo acordo.

Cada forza política terá dereito a comunicación propia e a páxina web, boletín e demais medios xestionaranse de xeito consensuado.

 

2.-ORGANIZACIÓN DO GOBERNO

As áreas de responsabilidade estarán distribuídas do seguinte xeito:

ALCALDÍA
Corresponderá ao cabeza de lista do partido socialista, corresponderalle á representación da institución e as relacións con outras administracións.

TENENCIA DE ALCALDÍA
Corresponderá a única tenencia de alcaldía ao cabeza de lista do BNG.


GRUPO MUNICIPAL DO PSOE


1.-Urbanismo: urbanismo, planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística.
2.-Servizos á Cidadanía e Vías e Obras no rural: auga potable, rede de saneamento, alumeado público, recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, e vías e obras no rural (parroquia de Salcidos e parroquia de Camposancos).
3.-Educación e Formación: mantemento dos centros de primaria, obradoiros, conservatorio, educación de adultos e voluntariado.
4.-Festas e Festexos Populares: Samain, Entroido, Noites no Castelo e Alfombras.
5.-Patrimonio: arquivo histórico, promoción do patrimonio, Camiño Portugués da Costa, albergue, museos e Castelo de Santa Cruz.
6.-Participación Cidadá, Transparencia e Administración Electrónica: transparencia, información pública e bo goberno, admón electrónica e participación da cidadanía.
7.-Persoal e Facenda: planificación e xestión dos recursos humanos, facenda.
8.-Deportes: dinamización deportiva, fútbol, skate, pavillón, piscina, instalacións deportivas, subvencións deportivas.

 

GRUPO MUNICIPAL DO BNG

1.-Mobilidade Cidadá e Vías e Obras no casco urbano, policía local e Emerxencias: ordenación do tráfico, mobilidade urbana, vías e obras no casco urbano, deseño alumeado público no centro, Ges, policía municipal.
2.-Comercio: dinamización comercial, praza de abastos, mercadillo e festas de Nadal.
3.-Turismo: dinamización turística, praias, oficina de turismo, festas de interese turístico, socorristas, cooperación transfronteiriza.
4.-Cultura: biblioteca, promoción e dinamización cultural, Omix,subvencións culturais, Centro Cultural, Feira do Libro, Sinde Vello e Centro Social de Salcidos.
5.-Servizos Sociais: servizos sociais, dependencia, emerxencia social, xantar na casa, subvencións sociais, gardería.
6.-Igualdade: CIM, programas de igualdade.
7.-Normalización Lingüística: campañas de normalización e programas de galeguización de actividades sociais, galeguización do rueiro, garantía de uso do galego en toda a documentación municipal, acadar acordos con outros concellos para a contratación dun técnico de normalización lingüística.
8.-Medio Ambiente: parques e xardíns, protección e mellora do medio ambiente, salubridade.

 

 

3.-PROGRAMA DE GOBERNO


• Os grupos de PSdeG-PSOE e do BNG comprométense a desenvolver o Plan de Mobilidade redactado pola Deputación de Pontevedra, respectando as indicacións establecidas no mesmo en materia de planificación, tempos e actuacións concretas cara a súa implantación definitiva. O desenvolvemento deste plan parte do criterio de defender un novo modelo urbano pensado para recuperar o espazo público para as persoas, onde a prioridade será a mobilidade peonil. Este plan, como calquera outro proxecto, estará suxeito ás modificacións que se acorden por parte da Comisión de Seguimento que se constitúe dentro deste acordo de goberno entre PsdeG-PSOE e BNG que contarán co asesoramento técnico oportuno.

• Así mesmo estas dúas forzas políticas comprométense a licitar a redacción dun novo Plan Xeral para A Guarda.

• Demandar a realización dun estudio-proxecto para un sistema sostible de comunicación transfronteiriza para persoas e vehículos a través do río Miño entre A Guarda e Caminha, tal e como está recollido na estratexía da AECT-Río Minho.

• Este goberno comprométese a:

1.- Traballar pola execución da apertura da rúa Inguieiros.

2.- Habilitar un espazo axeitado para o departamento de servizos sociais.

3.- A aplicación da Lei de Memoria Histórica.

4.- Demandar das administracións competentes a execución do vial entre Goian e Tui, novo acceso ao porto da Guarda, o Polígono Industrial e a nova Gardería Municipal.

5.-Instar á administración competente para que a frota pesqueira poda contar cun punto de abastecemento de carburante no Porto, así como solicitar a urbanización do entorno do Museo do Mar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones