Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal acolle a mostra da Deputación -Rompe. Xoga en igualdade-

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participará este luns ás 12.00 horas na visita guiada á exposición protagonizada polas famosas bonecas -Barbie-

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participará este luns ás 12.00 horas na visita guiada á exposición protagonizada polas famosas bonecas -Barbie-

Fecha: 29 de Abril de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A sala de exposicións do Concello do Rosal acollerá dende este luns 29 de abril ata o vindeiro 31 de maio a mostra "Rompe. Xoga en Igualdade", promovida pola Deputación de Pontevedra para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participará ás 12.00 horas na visita guiada na que poderá verse a exposición, que ten por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias ante as situacións de desigualdade e discriminación das mulleres. A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

"Rompe. Xoga en Igualdade" é unha exposición itinerante, vangardista e rompedora, creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. As protagonistas son as famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar, de forma impactante, a desigualdade entre homes e mulleres. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades e do fin da discriminación contra o 52% da poboación.

As bonecas amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación. A seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones