Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O SAN XEROME SACA O OITAVO NÚMERO DA REVISTA -AÍNDA TEMOS MOITO QUE ANDAR-

Na oitava edición de 2016, o reto é elaborar unha revista realmente accesible, coa incorporación do sistema de lectura fácil.

Na oitava edición de 2016, o reto é elaborar unha revista realmente accesible, coa incorporación do sistema de lectura fácil.

Fecha: 30 de Mayo de 2016

Fuente: San Xerome


Unha das actividades realizadas no Servizo de Adultos da Asociación San Xerome Emiliani dende fai seis anos é a elaboración dunha revista chamada "Aínda Temos Moito que Andar".
A idea de realizar este proxecto xurde ante a necesidade de atopar un medio eficaz, atractivo e efectivo para achegarse á sociedade da información, aprender a buscar e a manexar información en diferentes soportes, elaborando unha revista como recurso educativo, fomentando a cohesión grupal.

Nela, os/as usuarias do Servizo de Adultos, participan de forma activa no deseño e a produción, coñecendo o seu proceso e as partes que a compoñen, potenciando a súa autonomía, capacidade de expresión e creatividade.
Nas súas páxinas podemos atopar numerosas seccións; as súas propias historias, entrevistas, reportaxes fotográficos, artigos de opinión, un simpático horóscopo, receitas de cociña.. e un longo etcétera.
Actualmente existen 8 edicións de "Aínda Temos Moito que Andar"

Na oitava edición de 2016, o reto é elaborar unha revista realmente accesible, coa incorporación do sistema de lectura fácil.
A lectura fácil é unha competencia que permite a comunicación, exercendo o dereito de informar e tomar decisións por un mesmo.
Os textos deben de ser fáciles de leer e fáciles de entender.
A intención da lectura fácil é axudar na comprensión; recoñecer os idiogramas.
En definitiva este tipo de lectura permítenos elexir, ser libre e autónomos.

Ata agora, de cada revista se lle achegaba un exemplar ás familias facilitando o achegamento do noso recurso a todos os membros da Asociación. E foi nesta edición cando plantexamos a posibilidade de vendelo, facendo así o Proxecto máis sostible economicamente, nun intento de mostrar o noso traballo máis aló das portas da entidade, nunha decidida aposta por poñer en valor o traballo do equipo de revista.


Dende o venres a Revista está a venda en Foto Verano, Brasilino Álvarez, 6 36780 A Guarda-Pontevedra.

A partir do luns 30 de Maio estará tamén na tenda Atalaia da Asociación San Xerome Emiliani, Avenida de Galicia 23, 36780 A Guarda-Pontevedra.

O precio da revista é de 5 euros.

Aceptanse encargos e tamén faemos envíos.

Correo electrónico: revistaxerome@outlook.es
Teléfono de contacto: 986 61 37 19

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones