Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O servizo de Ferry-Boat A Guarda-Caminha condicionado polas mareas

A baixa mar imposibilita o correcto funcionamento do Ferry-Boat pola falla de calado na canle de navegación

A baixa mar imposibilita o correcto funcionamento do Ferry-Boat pola falla de calado na canle de navegación

Fecha: 26 de Julio de 2016

Fuente: Infomiño.com

Son moitos os turistas e tamén veciños de A Guarda e Caminha, os que empregan a diario o Ferry-Boat Santa Rita de Cássia que comunica estas dúas vilas transfronteirizas do derradeiro transcurso do Río Miño antes da súa desembocadura no Atlántico. Persoas que se achegan dende diferentes lugares para empregar este servizo de transporte e disfrutar das fermosas paisaxes do Baixo Miño no seu percorrido duns 15 minutos por augas do Miño.

O gran problema do servizo de Ferry-Boat ten sido dende fai moitos anos a falla de calado suficiente para unha correcta navegabilidade da embarcación, o que repercute na cancelación das viaxes nas que, polo estado da marea, non é posible navegar con seguridade. Malia os diferentes esforzos de ámbalas dúas vilas por manter este sevizo en activo coa realización de dragados e melloras na embarcación, o elevado custe económico deste proceso fai que non se poda realizar máis fecuentemente.

O número de usuarios deste servizo ten experimentado un importante aumento, malia a estar fora de funcionamento coa baixamar, cunha subida de entre un 26% e un 37% segundo datos de Abril-Decembro de 2015. 

A época estival propicia unha maior demanda de usuarios, pero moitos deles teñen que optar por outras vías de transporte ó atoparse o servizo fora de funcionamento pola falla de calado da canle de navegación.

Para ampliar información sobre os horarios e situación de navegabilidade da embarcación o número de teléfono da Oficina do Ferry-Boat na Pasaxe é (+34) 986.61.1526

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones