Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O sexto faladoiro dentro do Ciclo de Diálogos en Educación chega á Guarda este xoves

Este será o sexto dos faladoiros e celebrarase o vindeiro xoves, 18 de agosto, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.

Este será o sexto dos faladoiros e celebrarase o vindeiro xoves, 18 de agosto, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.

Fecha: 18 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Tras o parón dos pasados días motivado pola celebración na Guarda das Festas do Monte, as súas festas máis recoñecidas, esta semana volven as charlas de "Diálogos en Educación". Este será o sexto dos faladoiros e celebrarase o vindeiro xoves, 18 de agosto, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos. Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda coa colaboración da Universidade da Coruña convida, nesta ocasión, ao profesor Uxío Otero Urtaza.

Uxio Otero Urtaza é Catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela non Campus de Lugo. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Oviedo, posúe o Primeiro Premio Nacional de Investigación Educativa na súa convocatoria de 1990.

Destacado especialista no estudo da Institución Libre de Enseñanza, tema sobre o que publicou oito libros e máis doutros 60 traballos, entre os que salientan as investigacións sobre o pensamento educativo de Manuel Bartolomé Cossío, discípulo de Giner e un dos promotores das Misións Pedagóxicas da Segunda República.

Foi comisario da exposición "Misiones Pedagógicas, 1931-1936", organizada pola Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, o Ministerio de Cultura e a Fundación Francisco Giner de los Ríos en 2006. Exposición que visitou de xeito itinerante as principais cidades do Estado.

Ten tamén estudos publicados sobre a formación de mestres en España como "A formazione dei maestri in Spagna: un approccio storico" (2000) e sobre literatura infantil: "Childrens Literature in wartime: the magazine ‘los Niños' 1870-1877" (2010)

Uxío Otero Urtaza foi Director da Escola de Formación do Profesorado de Lugo entre 1994 e 2003 e actualmente é Vicepresidente da "Sociedad Española de Historia de la Educación".

Este profesor da Universidade de Santiago animará un faladoiro titulado "Experiencias de vida, educación e vocación docente", desde a perspectiva histórica da Institución Libre de Enseñanza a través das figuras de Francisco Giner, Manuel Bartolomé Cossío e Rafael Dieste.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones