Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O TEATRO DE MALASOMBRA ABRE A PROGRAMACIÓN DO MES DE MAIO, NUN FIN DE SEMANA CARGADO DE PROPOSTAS CULTURAIS NA GUARDA

Conta contos musicado sobre Manuel María e charla-debate sobre a lingua galega serán as citas para o sábado

Conta contos musicado sobre Manuel María e charla-debate sobre a lingua galega serán as citas para o sábado

Fecha: 06 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O mes de maio comeza, no seu primeiro fin de semana, cun amplo abano de actividades para tódolos gustos e públicos, comedia teatral o venres, contacontos para nenos musicados e ilustrados, o sábado pola mañán e documental e debate sobre a lingua galega para o sábado á tarde, son os ingredientes que encherán o fin de semana.

O venres ás 21h. no Centro Cultural se representará a comedia O Día do Pai, que nos conta a historia de tres homes que son citados nunha clínica de reprodución asistida. Descoñecen o motivo, pero sospeitan que foron citados para seren obxecto dunha proba de paternidade. Pronto descubrirán que unha muller que anos atrás mantivo unha relación cos tres,os someterá a unha "proba de paternidade delirante". A obra dirixida por Marcos Orsi está protagonizada por Xoque Carbajal, Jouse García, Alberto Rolán e Pablo Alvarado.

O sábado pola mañán, ás 11,30h. na Biblioteca Municipal será o momento para os máis pequenos da casa, cunha nova edición do Contos contados, impartida nesta ocasión polo colectivo "Polo Correo do Vento". A actividade denominada "O Poeta do Miño" fará un percorrido pola vida e obra de Manuel María a través da narración de historias, do debuxo e da música. A actividade rematará coa realización , por parte dos nenos asistentes dunha caricatura do poeta.

Mentres, o sábado á tardiña, ás 20:00h. no Centro Cultural será o momento da reflexión e o debate sobre a nosa lingua. Nun acto titulado "A lingua galega: actualidade e futuro", Marisa Guerra e Denis Vicente exporán a súa visión sobre o estado da nosa lingua na nosa comunidade, o seu uso na vida, no ensino, na mocidade... O acto completarase coa proxección do documentario "A memoria da lingua" realizado pola asociación As Cadongas do Quirombo.

E por último, neste mes adicado ás Letras Galegas se pon en marcha unha iniciativa de homenaxe a Manuel María a través da tecnoloxía e as redes sociais, denominada Manuel María nas redes. Os interesados en participar escollerán un poema de Manuel María e farán unha montaxe de video cunha idea orixinal (podendo utilizar cancións, coreografías, artes plásticas, ou tan só recitando o poema) e subilo ás redes sociais. Este vídeo pódese compartir coas páxinas de facebook de Cultura A Guarda ou Biblioteca Municipal A Guarda ou achegar nun pen ó Departamento de Cultura do Concello ou Biblioteca Municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones