Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Teixugo Luís Fernandez na Copa do Mundo de Praga

A este evento acudiu o primeiro equipo nacional de slálom do que forma parte Luís Fernández.

A este evento acudiu o primeiro equipo nacional de slálom do que forma parte Luís Fernández.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Junio de 2023

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Do 8 ao 11 de xuño celebrouse na cidade de Praga a segunda Copa do Mundo de Slálom onde se deron cita os mellores deportistas do mundo desta modalidade. A este evento acudiu o primeiro equipo nacional de slálom do que forma parte Luís Fernández.

O salcedán e membro do Club Deportivo Miño-Teixugos, despois de superar os durísimos selectivos nacionais, estreouse no circuíto internacional. Xunto co catalá Miquel Travé e o tamén galego Daniel Pérez formou o equipo español de canoa ou C1. O venres comezaron as clasificatorias, buscando estar entre os trinta mellores para acadar un lugar nas semifinais. No primeiro intento dous toques deixaron fóra a Luís, a pesares de facer boa baixada; na segunda tentativa non houbo fallos, e, cunha boa carreira acadou a súa praza nas semifinais.

O sábado disputáronse as semifinais. Luís comezou moi ben a súa baixada, levando tempo de final no primeiro tramo, pero segundo tramo, unha serie de fallos e penalizacións, deixárono lonxe dos postos da final. Rematou esta primeira competición internacional no vixésimo oitavo lugar. A súa vindeira cita internacional será no Campionato de Europa a celebrar en Cracovia en dúas semanas.

Outros dous galegos acompañaron a Luís a esta Copa do Mundo, os dous do Piragüismo Penedo de Tui. Daniel Pérez en C1 rematou trixésimo quinto e Ainhoa Lameiro tamén en C1 rematou trixésimo sexta. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí