Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O verán comeza na Guarda cun novo fin de semana cheo de actividades

O verán estrease na Guarda cun fin de semana colmado de actividades do mais variado.

O verán estrease na Guarda cun fin de semana colmado de actividades do mais variado.

Fecha: 24 de Junio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O verán estrease na Guarda cun fin de semana colmado de actividades do mais variado.

O venres, a noite de San Xoán ten dúas citas destacadas na nosa localidade coa realización de fogueiras na zona da Atalaia, organizada polo C.S. O Fuscalh, e que estará acompañada por concertos e da fogueira de Salcidos, que ven de ser recuperada este ano por parte da comisión de festas de San Roque, nesta ocasión a fogueira estará acompañada tamén por animación musical e de churrasco que precisa de confirmación previa cos organizadores.

Continuando o fin de semana, o sábado dará comezo a celebración da II Festa Castrexa no Monte Santa Trega, que organizada polas Comunidades de Montes de Salcidos, Camposancos e A Guarda, é sen dúbida un dos platos fortes, xa que durante dous días ofertará un amplo abano de actividades, como son feira de artesanía e postos de comida, un completo cartel de actuacións musicais, andaina polo monte, ruta cabalar, xogos poulares e algunha que outra sorpresas.

Pero outras dúas citas se concentran no fin de semana na vila, xa que o sábado 24 celebrarase no Auditorio de San Benito o Festival Luso Galaico, que cada ano achega ata a nosa localidade grupos folclóricos de diferentes puntos da xeografía galega e portuguesa para amosarnos o mellor do noso folclore, nesta ocasión serán a Asociación de Música e Baile Tradicional Abeloura, de Boiro; o rancho folclórico Estrelas Douradas, dende Guimarâes e o Torreón de Guijuelo de Salamaca, xunto coa Grupo de baile Xamaraina que exerce de anfitrioa

E para rematar, o domingo 25 celébrase a nivel mundial o Día do Ioga, polo que o Centro Awen ofertará na Alameda unha sesión de ioga en familia e relaxación para todos aqueles que se queiran achegarse.

Sen dúbida un fin de semana con opcións para tódolos gustos que deixa poucas escusas para non disfrutar do inicio do verán na nosa localidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones