Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O xefe territorial de Medio Ambiente analizou coa alcaldesa de Oia os traballos de mellora do entorno da casa consistorial

Suporá potenciar o espazo para o uso e disfrute dos vecinos cambiando o chan e plantando césped, así como instalando unha nova escultura

Alberto Fuentes foi invitado pola rexedora para estudar os detalles da execución destas obras de humanización que se inclúen no Plan Hurbe

Fecha: 31 de Agosto de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, Alberto Fuentes, visitou o concello de Oia, invitado pola alcaldesa da localidade, Cristina Correa, co obxectivo de analizar o proxecto de execución das obras de humanización do entorno da casa consistorial que se desenvolverán a través do Plan Hurbe.

Estes traballos executaranse grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Oia a través do cal se destinarán case 60.000 euros para instalar novas cimentacións e pavimentos, así como axardinamento de todo o entorno, xestión de residuos e instalación dunha nova escultura. "Con esta obra pretendemos dar unha solución a todo este espazo que se atopa degradado a causa do paso do tempo", explicou Cristina Correa, quen engadiu que "pretendemos potenciar un espazo para o ouso e goce dos veciños, tendo en conta que se trata dun lugar cunha especial vinculación visual co océano atlántico e máis co Mosteiro da nosa localidade".

O espazo á esquerda da casa consistorial será saneado coa semente de céspede e co saneamento das xuntas do actual pavimento de pedra, "e poñeremos unha escultura conmemorativa", rematou a rexedora.

Segundo apuntou Alberto Fuentes, "este investimento inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social".

Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense investido desde a súa posta en marcha un total de 112 millóns de euros. Para este ano, o investimento para toda Galicia ascende a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns grazas ao orzamento recibido polo cumprimento da comunidade autónoma co déficit.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones