Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚM. 1 DE TUI DECLARA NULA A ASEMBLEA DE SOCIOS E SOCIAS CELEBRADA HAI UN ANO NO CENTRO SAN XEROME

Finalmente o Xulgado tamén considera que as e os asociados demandantes teñen dereito a consultar o censo de asociados coa finalidade de poder exercer o seu dereito para solicitar a convocatoria a unha asemblea extraordinaria

Finalmente o Xulgado tamén considera que as e os asociados demandantes teñen dereito a consultar o censo de asociados coa finalidade de poder exercer o seu dereito para solicitar a convocatoria a unha asemblea extraordinaria

Fecha: 28 de Mayo de 2015

Fuente: José Martínez Tato

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui declara nula a asemblea de socios e socias celebrada hai o 31 de maio de 2014 no Centro San Xerome e declara o dereito das socias e socios demandantes a ter acceso ao censo de socios aos efectos de poder convocar unha asemblea xeral extraordinaria que viña sendo solicitada desde 2013 e que nunca se puido efectivizar por negarse a Dirección do centro a facilitar os datos necesarios para poder exercer o dereito recollido na lexislación vixente aos socios e socias para poder convocar unha asemblea. O Xulgado impón as costas ao Centro San Xerome.
Os motivos que levaron a un grupo de socios e socias a impugnar a asemblea de 2014 foron por un lado os impedimentos para poder facer efectiva a solicitude de convocatoria dunha asemblea extraordinaria e tamén que, por primeira vez, se lles negou o dereito ao voto argumentando diferenzas de tipo de socio/a.
O Xulgado considerou que quedou probado que todos os socios tiñas as mesmas obrigas e pagaban as mesmas cotas polo que "ao esixírselles aos actores, na súa condición de socios, as mesmas obrigas que a aqueles outros cuxo dereito a voto resulta contrastado, han de outorgárselles necesariamente idénticos dereitos, con independencia de calquera posible categorización." Na vista quedou probado que até a data todo o mundo exercera os mesmos dereitos, mesmo a través da declaración da Dirección do Centro que en 2014 negou este dereito aos demandantes. A sentenza recolle tamén que en actas anteriores non se recollen aspectos básicos na vida de calquera asociación "A documentación achegada... resulta coherente... en canto á informalidade das mesmas en canto ao control de asistencia, participación e voto. Na maior parte... non se indica sequera de forma expresa se se vota para aprobar as contas, os cambios nos membros das xuntas directivas" etc.
O Xuíz determina que, aínda sendo suficiente para declarar a nulidade da asemblea o feito de negar nesta ocasión o voto a quen se lle permitiu telo anteriormente, é tamén motivo de nulidade a negación do voto por constituír un incumprimento da Lei 1/2002 que regula o Dereito de Asociacións, pois unha vez probado que todos os socios teñen as mesmas obrigas hai que considerar ademais que a Lei establece que poden "existir nas asociacións diferentes tipos de socios, mais de ningunha maneira sinala que estas clases diferentes poidan ter diferentes dereitos." Polo que conclúe que as e os demandantes foron privados dun dereito fundamental das persoas asociadas.
Finalmente o Xulgado tamén considera que as e os asociados demandantes teñen dereito a consultar o censo de asociados coa finalidade de poder exercer o seu dereito para solicitar a convocatoria a unha asemblea extraordinaria e que os datos postos a súa disposición polo centro non eran suficientes para posibilitar ese dereito.
Por todo isto declara nula a asemblea e condena á Asociación San Xerome a entregar o censo aos asociados que o demandan para poder convocar unha asemblea extraordinaria e condena tamén ao San Xerome a aboar as costas do xuízo.
As e os demandantes reclamarán a entrega do censo para poder realizar o trámite preceptivo de esixir a convocatoria dunha asemblea extraordinaria en que se debe falar da situación do Centro e da xestión realizada nestes dous anos. Agardan que a Dirección do Centro deixe de obstaculizar o exercicio do dereito das socias e socios e dea contas da situación creada e asuma inmediatamente as súas responsabilidades e responda por elas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones