Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OBRADOIROS DE RECICLAXE E DANZA E PERCUSIÓN AFRICANA O PRÓXIMO MES DE XUÑO NA GUARDA

As prazas para ambos cursos son limitadas, inscripcións na oficina da OMIX no Concello en horario de 9 a 14 horas

As prazas para ambos cursos son limitadas, inscripcións na oficina da OMIX no Concello en horario de 9 a 14 horas

Fecha: 27 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este próximo mes de xuño vén cargado de actividades para os mozos e mozas da Guarda. Dentro das accións ofertadas pola Concellería de Xuventude do Concello, o próximo mes destacan dous obradoiros: un de reciclaxe de camisetas e outro de percusión e danza africana.

No obradoiro "Unha camiseta, tres usos", aberto a todo o público en xeral de maneira gratuíta, ensinarase a darlle unha nova vida ás camisetas vellas antes de botalas ao lixo. A partir destas camisetas os participantes aprenderán a facer colares, parches para adornar outras camisetas, apliques, flores, etc. Esta actividade levarase a cabo o venres 27 de maio de 19 a 21:30 horas e se recibirán inscricións ata o vindeiro xoves 26 de maio.

O segundo dos obradoiros, que leva por nome "A ritmo de corazón", está organizado pola Concellaría en colaboración co grupo senegalés "Mbolo mooye doolé" e está pensado para mostrar e experimentar cos máis cativos os beneficios que se poden obter a través da percusión e a danza africana á vez que aprenden e se relacionan cunha nova cultura. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos e se impartirá o sábado 18 de xuño ás 12 horas da mañá, podendo anotarse dende o 30 de maio ata o 15 de xuño.

As prazas para ambos cursos son limitadas, polo que todos aqueles que desexen inscribirse deben facelo, dentro dos prazos mencionados, na oficina da OMIX no Concello en horario de 9 a 14 horas. Para máis información poden chamar ó 986614546, enviar un correo electrónico a informacion@aguarda.es ou poñerse en contacto a través da páxina de Facebook da OMIX.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones