Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia acolle este luns un curso formativo sobre ximnasia de mantemento dentro do Plan Conectadas 2018 da Deputación de Pontevedra

Durante o ano pasado preto de 5.500 mulleres da provincia participaron en -Conectadas-, programa dirixido á promoción da igualdade a través de accións formativas

Durante o ano pasado preto de 5.500 mulleres da provincia participaron en -Conectadas-, programa dirixido á promoción da igualdade a través de accións formativas

Fecha: 20 de Agosto de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Ao longo desta semana un total de 50 veciñas e veciños de Oia e da Estrada participarán en dous novos cursos programados ao abeiro do programa "Conectadas 2018", iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade entre homes e mulleres. Este luns, 20 de agosto, comezará en Oia un curso formativo sobre ximnasia de mantemento, mentres que o vindeiro sábado, día 25 de agosto, iniciarase na Estrada unha actividade formativa sobre costura.

Máis polo miúdo, a actividade de Oia está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais e desenvolverase os luns na Casa do Pobo e os mércores nas Escolas de Lourezá, en horario de 21:00 a 22:00 h. A acción formativa da Estrada corre a cargo da Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós e impartirase no lugar da Consolación a partir do próximo sábado, en horario de 16:00 a 19:00 h. Para Oia hai anotadas un total de 35 persoas e para A Estrada un total de 15 persoas. A estas accións formativas poden sumarse tanto homes coma mulleres e o obxectivo é promover e traballar na igualdade entre homes e mulleres.

"Conectadas 2018" é un programa da Deputación de Pontevedra destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e empoderamento, así como a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes.

Neste ano, Conectadas conta cun orzamento de 324.000 euros e desenvólvese a través de 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: "Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego", "Muller e cultura: Artes Visuais", "Actualízate", "Coas túas mans", "Porque ti o fas", "Súmate ao cambio", "Ponte en forma" e "Coidados persoais". En 2017 beneficiáronse desta iniciativa un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo que preto de 5.500 persoas participaran nas distintas actividades programadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones