Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia acolle este xoves un Obradoiro de Telearqueoloxía

Oia, o día 21 de xullo, no Centro Cultural de Pedornes

Oia, o día 21 de xullo, no Centro Cultural de Pedornes

Fecha: 21 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O proxecto Telearqueoloxía 2016, organizado pola Deputación a través do Museo de Pontevedra, inicia a súa programación de obradoiros de Investigación Arqueolóxica e Video-investigación para o presente mes de xullo.

Hai que lembrar que o proxecto Telearqueoloxía 2016 supón unha aposta pola divulgación do patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra a través do formato audiovisual. Esta iniciativa culminará a finais do presente ano coa celebración dun Concurso e Festival de Curtametraxes dirixido a persoas e entidades que presenten as súas propostas e video-investigacións sobre o patrimonio arqueolóxico provincial, e no que se teñen previsto repartir 10.000€ en premios.

Os obradoiros están concibidos para formar ás persoas asistentes en técnicas e linguaxe audiovisual, e para traballar con ideas e suxestións sobre posibles liñas de investigación e comunicación arqueolóxica nas que poidan plasmar as súas propostas para presentar ao concurso. Do mesmo xeito, estas xornadas acompáñanse dos respectivos talleres de creación e edición de vídeo, nos que se repasan as principais funcionalidades de ferramentas de software libre que poderán axudar aos participantes nos procesos de montaxe e edición dos seus propios audiovisuais.

Calendario de obradoiros a celebrar no mes de xullo:

Vigo, o día 6 xullo no museo Verbum - Casa das Palabras
Ponte Caldelas, o día 7 xullo no Centro Cultural
O Grove, o día 8 xullo na Sala das Cunchas
Ponteareas, o día 12 xullo no Museo Municipal
Campo Lameiro, o día 19 xullo no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre
Valga, o día 20 xullo no Museo da Historia
Oia, o día 21 de xullo, no Centro Cultural de Pedornes
Bueu, o día 27 de xullo no Museo Massó
Sanxenxo, o día 28 de xullo na Casa Mariñeira Don Fernando, en Portonovo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones