Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Oia celebra o Festival Costa dos Castros

Do venres 6 ao domingo 8 de xullo en Oia

Oia prepárase para acoller o Festival Costa dos Castros a vindeira fin de semana, días 6, 7 e 8 de xullo de 2018.

Fecha: 07 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Esta fin de semana se celebra a Terceira Edición do Festival Costa dos Castros, un evento cultural de música e patrimonio histórico acollido no Concello de Oia, no que vos atoparedes con música folk variada, narración oral tradicional, así como a riqueza do patrimonio e os diversos atractivos locais.

Abride as vosas axendas, xa que tedes unha cita o 6, 7 e 8 de xullo.

Comezaremos a fin de semana contando cos grupos locais “Tra-lo Mosteiro” e “As Caramuxas”, as veciñas do concello de Tomiño “Pandereteiras Virxe do Alivio” que xunto con “A Fiada” completarán as actuacións do venres e remataremos a festa cun serán onde pode que se descubran novos talentos.

Non quededes sen folgos para o sábado e deixádevos levar polos rapaces e rapazas de San Xerome Emiliani co seu grupo “Xerock Percusión”, así mesmo “Folk Tarxa” e “Cantares do Silveiro – do noso pobo irmá Oiã” continuarán coa música e ben seguro que conseguen sacarvos máis dun baile!

 Pero non vos despistedes porque axiña chegará dende Ourense a banda de folk “Coanhadeira” para darvos forzas para seguir. Agardade ata o final e comprobaredes que unha gaita non é incompatible cun violín, unha batería ou unha guitarra eléctrica e un baixo cos músicos de “Virandeira”.

O derradeiro día teremos un encontro de Treboadas e será “Uxía & Magín Blanco (espectáculo infantil)” encargarase de non deixarvos marchar cun mal sabor de boca.

E como primicia, as 20 h do Domingo, se fará unha visita teatralizada ao Arrabal, co título “Contos do Arrabal”, interpretada polos participantes no Obradoiro de teatro veciñal “6x6 Punto de encontro” a cargo de Artística Vigo..

Ademais destes concertos poderedes desfrutar dos postos de artesanía, cantos de taberna e  visitas guiadas á Igrexa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí