Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia investirá 106.901,04 ? para unha actuación integral no camiño de Refoxos

Esta partida presupuestaria está enmarcada na liña 1 do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra

Esta partida presupuestaria está enmarcada na liña 1 do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra

Fecha: 06 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe axudas por valor de preto de 900.000 euros para que oito concellos da provincia poidan levar a cabo proxectos ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017". A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que "a través desta liña, dedicada a investimentos, estamos a permitir que núcleos de poboación da nosa provincia poidan poñer en marcha proxectos e actuacións para dotalos de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, e garantir, así, a calidade de vida das súas veciñas e veciños".

Carmela Silva puxo en valor esta aprobación, que ascende a 894.512,28 €, a través da cal Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cuntis, Nigrán, Oia, Redondela e Ribadumia poderán poñer en marcha proxectos como "humanizacións e acondicionamentos de rúas e camiños municipais, impulsar e optimizar a rede de saneamento, construír almacéns municipais ou mellorar a subministración de electricidade".

En concreto, Cambados recibirá 147.712,14 € para a humanización das rúas de Ourense e Pontevedra, Campo Lameiro 97.105,50 € para a mellora de camiños en San Isidro, Laxe, Morañó e Gargallóns e Cangas 151.802,90 € para a humanización das rúas Baiona e Méndez Núñez. Amais, Cuntis recibirá 100.000 € para o saneamento da Casiña, Nigrán 88.585,29 € para a adquisición dunha parcela na que construír un almacén municipal, Oia 106.901,04 € para unha actuación integral no camiño de Refoxos, Redondela 135.360,92 € para a instalación de coletores de saneamento entre o Colexio de Porto Cabeiro ata a estrada N-550 e a Ribadumia 67.044,49 € para a legalización da subministración de electricidade.

As axudas aprobadas ata a data pola Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 do "Plan Concellos 2017" ascenden a un total de 7.796.592,68 €, isto supón un 30,28 % do destinado a investimentos. Esta é a liña con maior dotación económica do programa e, cun orzamento de 25.750.000 € (fronte aos 25 millóns de 2016) significa o 62,5 % do total do plan.

O "Plan Concellos 2017" ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no ano anterior e que entre as súas tres liñas estratéxicas leva aprobado xa máis de 26 millóns de euros dende xaneiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones