Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Oia recibirá este ano máis de 430.000 ? do -Plan Concellos- da Deputación

No ano 2016, o Goberno de Carmela Silva achegou en total á vila de Oia

No ano 2016, o Goberno de Carmela Silva achegou en total á vila de Oia

Fecha: 21 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 4,4% máis de recursos ao concello de Oia no marco do "Plan Concellos 2017", un incremento por enriba da media provincial (situada no 3%). Deste xeito, a vila da comarca do Baixo Miño recibirá un total de 433.637,55 € do "Plan Concellos 2017", 18.322,20euros máis que en 2016, no que xa tivera un 19% de incremento respecto a 2015 (isto é, 66.467,47 € máis). Á marxe do "Plan Concellos", Oia recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Oia un total de 553.954,04 euros (unha media de 184,16€ por habitante), dos cales 415.315,35 € se corresponderon co "Plan Concellos 2016". Ademais, a institución provincial investiu 2.000 € en mobilidade, 24.000 € en cohesión social e xuventude, 32.000 € en cultura e lingua, 19.000€ para o fomento do emprego, 13.000 € para o impulso do deporte e outros 7.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.

En concreto, a través da liña 1 do "Plan Concellos", investíronse 257.020,38€ para a realización do acondicionamento dun camiño en Refoxos, obras de saneamento e abastecemento en Pedornes e Oia, obras na rede de saneamento da Praza da Centinela e a terminación dun camiño dunha calzada en Viladesuso, a escavación e preparación de terreos para un depósito e unha zona de parapente, a realización dun inventario de bens rústico e urbanos, a mellora das instalacións do parque infantil de Viladesuso e o campo de fútbol das Tornas, na rede de saneamento dos núcleos de Mougás e Viladesuso e o subministro de mobiliario urbano, material informático, ferramentas e sinais, material de calefacción, postes da luz, material eléctrico, tubos para canalización de pluviais e sinais e puntos de información. Ademais,49.265,70 € para sufragar gastos correntes a través da liña 2, 15.570 € en liña 3 destinados a diversas actividades como os ciclos de concertos polas parroquias do concello, os de Nadal e os de Primavera, o Festival Costa dos Castros, a Festa do Rei Sol, actividades infantís de maxia e teatro e a Festa da Bicicleta, entre outras e,grazas á liña 4, creáronse 15 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 93.445,95 euros.

Á marxe do "Plan Concellos 2016", Oia recibiu 32.282,84 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con 35 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación e á sinalización do patrimonio histórico-cultural e memoria histórica (que permitiron a rehabilitación dun lavadoiro e a sinalización de tres igrexas) e as dirixidas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 23.671,15€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios (entre eles o Servizo de Axuda no Fogar, SAF), as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (da que se benefician 6 persoas) ou ben mediante os programas"DepoRÚArte" (coa realización de dous obradoiros), "DepoTermal" e "Depo Aventura A Lanzada", ao que asistiron 15 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, Oia recibiu 12.684,98 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedra, diversas actividades deportivas e as"DEPOrte Escolas" de balonmán, fútbol e judo, así como 18.845,76 € destinados ao fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que dúaspersoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de Oia. Tamén se achegaron 6.652,60€ en Igualdade no marco do programa "Conectadas 2016" e das axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes parao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e prevención da violencia machista (co que Oia elaborou un proxecto de intervención socioeducativa en igualdade de xénero e prevención da violencia machista) e outros1.855,44 € en materia de mobilidade, en concreto para as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí