Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia recibirá máis de 30.000 euros da Deputación de Pontevedra para dous parques forestais

O concello de Oia recibirá para o parque da Serra da Grova e costa de Oia (33.646,21 euros)

O concello de Oia recibirá para o parque da Serra da Grova e costa de Oia (33.646,21 euros)

Fecha: 05 de Junio de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o reparto de 800.000 euros de axudas da terceira convocatoria para desenvolver parques forestais que melloren o monte da provincia. Segundo explica o vicepresidente Mosquera, estas subvencións permitirán desenvolver 27 parques forestais en 22 concellos da provincia, sendo catro das axudas para o deseño de novos proxectos e 23 para a execución de actuacións concretas en parques existentes ou xa planificados.

Esta terceira convocatoria de axudas, indica o vicepresidente, rexistrou un grande número de solicitudes por parte dos concellos, esgotándose a totalidade da partida prevista. Presentáronse 30 peticións, catro que foron aceptadas para a liña primeira, e 26 expedientes na Liña 2, dos que se asistiron 23 ao cumprir os requisitos das bases. As contías repartíronse tendo en conta o límite máximo do 70% do custe da actuación e os límites da base cuarta de 6.000 euros subvencionables na Liña 1 e 1.500 euros por hectárea na Liña 2: 20.571,64 euros para a Liña 1 e 779.428,36 euros para a Liña 2.

Deste xeito, recibirán subvencións para a redacción de proxectos de novos parques forestais (Liña 1) os concellos de Caldas de Reis, para o parque de Santa María (3.913,14 euros); o de Redondela, para o parque de Monte Castro de Negros (6.00 euros); Salvaterra de Miño, para o parque de Monte Castelo (4.658,50 euros); e Soutomaior, para o parque homónimo (6.000 euros).

Na Liña 2, para obras, recibirán subvencións na comarca de Pontevedra os concellos de Barro, para o parque de Monte dos Casás (34.228,95 euros); o concello de A Lama para o parque forestal As Ermidas (42.670,28 euros); o concello de Poio para o parque de Combarro-Samieira (35.935,86 euros); e o concello de Ponte Caldelas para o parque homónimo (42.670,28 euros).

Na comarca do Morrazo recibirán axudas os concellos de Bueu para obras no parque de Cabo Udra (31.800 euros), o concello de Cangas para o parque de Varalonga-Vilariño (34.010,20 euros), o concello de Marín para o parque de Lagocheiras (21.915 euros), e o concello de Vilaboa para o parque de Cotorredondo (38.178,67 euros).

No Condado-Paradanta as axudas destínanse ao concello de Arbo para os parques Bouza de Miguel (21.849,02 euros) e Serra de San Fins (35.932,86 euros); para o Concello de Covelo co parque Val de Tielas (42.670,28 euros); para Mondariz destinados aos parques de Muíños do río Xabriña-Regueiro do Brete (33.033 euros), Viveiro da Franqueira (32.186 euros) e Gargamala (32.027,04 euros); As Neves para a parte correspondente ao parque de San Fins (31.441,26 euros); e Ponteareas, para Seixiforna-Viveiro (24.216,65 euros) e Picaraña (44.916,08 euros).

Outros concellos que reciben axudas son Catoira (40.424,46 euros); A Guarda para Facho Chans (26.949,65 euros) e A Sangriña-Bouzas (24.703,84 euros); Nigrán para o parque Río Táboas (42.670,28 euros); o concello de Oia para o parque da Serra da Grova e costa de Oia (33.646,21 euros); e Fornelos de Montes para o parque de Freaza (31.355,49 euros).

As axudas da terceira convocatoria de parques forestais pretendían subvencionar os proxectos destinados a preservar, mellorar e destacar valores naturais (paisaxísticos, ambientais, edafolóxicos e forestais) e culturais dos montes; as formacións arbóreas (carballeiras, soutos, fragas etc.); a preservación de especies con valor ecolóxico; a preservación do patrimonio: xacementos arqueolóxicos (castros, mámoas, petróglifos etc.), monumentos, lugares, conxuntos, tradicións ou técnicas artesanais; a adopción de medidas fronte a incendios: silvicultura preventiva, faixas de protección, devasas vexetais ou a creación de puntos de auga; a diversificación de usos: produción de cogomelos, plantas aromáticas, silvopastoreo, aproveitamento de froitos ou apicultura; así como a creación de zonas de uso e aproveitamento para a cidadanía coma sendas peonís, miradoiros, parques, rutas ou aulas de interpretación, entre outros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí