Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLEXIO -A SANGRIÑA- VISITAN O CONCELLO E A POLICÍA LOCAL

Os rapaces e rapazas coñeceron ó alcalde José Manuel Domínguez Freitas e recorreron os diferentes espazos do edificio

Os rapaces e rapazas coñeceron ó alcalde José Manuel Domínguez Freitas e recorreron os diferentes espazos do edificio

Fecha: 22 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil do colexio "A Sangriña" visitaron esta mañá o edificio do Concello e as dependencias da Policía Local da Guarda. Esta visita estaba enmarcada dentro dunha actividade de educación vial realizada no centro. O obxectivo desta excursión, afirmaban os mestres que acompañaban ós máis de 40 nenos de tres, catro e cinco anos, era mostrar os pequenos o traballo que se fai no concello e os distintos servizos que ofrecen.

A visita comezou na sala de plenos onde o alcalde da localidade, José Manuel Domínguez Freitas, deulles a benvida ós pequenos. Alí, os nenos e nenas puideron sentarse nas cadeiras dos concelleiros e probar os micrófonos da sala. Dende aquí, acompañados polo alcalde e os profesores, os cativos recorreron os diferentes departamentos da casa consistorial.

Entre outros lugares, os rapaces estiveron no despacho do alcalde e tamén no de Antonio Hernández, arquitecto do concello. Os nenos e nenas preguntaron, por exemplo, cales eran as funcións do alcalde ou quen decidía onde se fabricaban as vivendas. Hernández mostroulles diferentes planos para que se fixeran unha idea de cal era realmente a súa tarefa.

Tras inspeccionar cada uno dos espazos do concello, os nenos e nenas dirixíronse as dependencias da Policía Local. Alí, por quendas, foron coñecendo o cabo primeiro, José Antonio Taboada, quen lle mostrou as dependencias e tamén lles deu varias recomendacións. Taboada recordoulles que sempre teñen que cruzar as estradas polo paso de peóns e usar as cadeiras correspondentes e o cinto de seguridade cando vaian en coche. Os alumnos de tres anos entregáronlle o corpo de policía un mural no que lles daban as grazas por axudarlles na súa actividade de educación vial que fixeran no centro.

Os nenos, tras a visita, afirmaron que o que máis lles gustara fora, entre outras cousas, poder coñecer ó alcalde e o cabo primeiro da Policía, ademais de escoitar a sirena do coche policial e sentarse na cadeira do rexedor. Pola súa banda, o alcalde, afirmou que pola súa profesión -é mestre- sempre é "moi agradable" recibir a nenos no Concello. "Son moi gratificantes as visitas dos máis pequenos porque estes son o futuro da nosa localidade", manifestou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones