Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os areais guardeses de Area Grande e O Muíño reciben o galardón de Bandeira Azul

Tamén se otorgou o galardón de Sendeiro Azul á Senda Litoral do Monte Sta. Trega

Tamén se otorgou o galardón de Sendeiro Azul á Senda Litoral do Monte Sta. Trega

Fecha: 20 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe as 131 bandeiras azuis das praias e portos galegos como a mellor porta de entrada para descubrir a riqueza natural de Galicia.

Durante o acto de entrega, Feijóo afirmou que estas bandeiras son o resultado da aposta colectiva pola conservación do litoral. Un litoral rico en flora e fauna terrestre e mariñeira; seguro, con servizos de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios; e accesible para as persoas con discapacidade.

Así mesmo, destacou que Galicia seguirá sendo líder en sendeiros azuis, que distinguen os 26 camiños cara ás praias e aos portos máis respectuosos co medio natural; e contará con 14 centros azuis, nos cales se ofrece educación ambiental e cunha distinción temática, este ano para o concello de Muros, polo seu traballo en información e educación ambiental.

O responsable do Goberno galego referiuse aos máis de 1600 quilómetros de costa como economía, cultura, tradición, turismo e paisaxe. "E estas 131 bandeiras azuis significan que estamos a cumprir o principal desafío que nos presenta o litoral: conxugar o seu aproveitamento humano co respecto ao medio ambiente", aseverou, ao que engadiu a proposta de que as Illas Atlánticas e o parque nacional do que forman parte sexan recoñecidas tamén como Patrimonio da Humanidade.

Neste mesmo sentido destacou que a porcentaxe de augas en bo estado na Demarcación Galicia- Costa subiu dun 70% ao 77%.

Non en van a Xunta leva investidos 1100 millóns de euros en saneamento nos últimos oito anos, coa posta en marcha de 45 depuradoras. "Nesta lista está xa a de Cabo Silleiro e estará dentro de moi pouco a de Vigo, unha das infraestruturas de saneamento máis complexas da fachada atlántica europea, cun investimento de 230 millóns de euros", afirmou.

Feijóo subliñou ademais que este compromiso colectivo é o que permite que tres cuartas partes das augas de baño de Galicia estean cualificadas como excelentes, unha porcentaxe que sobe ao 90% xunto ás augas consideradas boas.

O presidente da Xunta concluíu recordando que Galicia é a segunda Autonomía de España con máis bandeiras azuis. Unha de cada cinco praias e un de cada cinco portos españois con bandeira azul están en Galicia.

No Baixo Miño recibirán este ano bandeiras azuis os areais de Area Grande e O Muñiño no municipio da Guarda, así coma a distinción de Sendeiro Azul á Senda Litoral do Monte Sta. Trega

Solidariedade ante a traxedia forestal do país veciño
Ao longo do acto, o presidente da Xunta trasladou en nome do pobo galego a tristeza e o pesar polas vítimas do incendio forestal en Portugal. Ante esta tráxico suceso, Feijóo transmitiu a solidariedade de Galicia co país veciño, así como a disposición de medios antilumes e asistenciais que precise para afrontar "a que é probablemente a maior catástrofe forestal da súa historia".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones