Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS AUTORES CONSAGRADOS CONVIVIRÁN COAS PROMESAS NA SECCIÓN OFICIAL DE PLAY-DOC

Sete filmes chegados de todas as partes do mundo comporán unha selección moi internacional, cun especial protagonismo de novas realizadoras

Sete filmes chegados de todas as partes do mundo comporán unha selección moi internacional, cun especial protagonismo de novas realizadoras

Fecha: 22 de Abril de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais verá competir sete títulos na súa sección oficial, entre o 22 e o 26 de abril. Como é habitual, grandes nomes da non ficción conviven con promesas nas que o festival desexa confiar, nunha selección que trae a Tui películas de todo o mundo, dando a coñecer o que ocorre noutras partes do globo. Dende o tren de pasaxeiros que percorre toda China en The Iron Ministry, á particular escola norteamericana que dá voz e voto aos seus estudantes en Approaching the Elephant, ou facendo unha parada no país máis hermético do mundo, a Corea del Norte de Songs From the North. Play-Doc ponse tamén reivindicativo, con propostas que denuncian inxustizas sociais de inmigración e imperialismo, en L'abri e Concerning Violence. Políticas públicas que infiren na esfera do privado, cuestión presente en Liahona e Motu Maeva. Estas, dirixidas por novas realizadoras, protagonistas nun certame que as pon a competir con grandes documentalistas europeos.

Da parte dos veteranos, J.P. Sniadecki retrata como funciona un tren de pasaxeiros que cruza toda China, en The Iron Ministry. Filma o día a día dos viaxeiros, vai do vagón de cola de terceira clase, repleto de persoas, en corredores nos que non collen, ata os convois con todos os luxos da máquina. Retrata China sen saír do ferrocarril. Esta é a última produción do prestixioso Sensory Ethnography Lab da Universidade de Harvard, que está redefinindo o modo de facer cinema etnográfico. Play-Doc xa contou con outros títulos de éxito deste laboratorio en previas edicións, como Sweetgrass (premio en 2010), Foreign Parts ou Manakamana. Leva polo tanto apostando dende o inicio por un colectivo que se probou esencial no cinema do último lustro.

L'abri supón a primeira selección para Fernand Melgar no festival. Suízo fillo de emigrantes españois, é un dos cineastas máis respectados do seu país, polos humanistas retratos que fai dos inmigrantes na cidade de Lausanne. L'abri foi estreada no prestixioso festival de Locarno e gozou de éxito noutros certames internacionais. Nela, Melgar introdúcenos nun refuxio para xente que vive na rúa, no frío inverno suízo. Ante a falta de espazo para todos no interior, moitos deben durmir á intemperie, mentres os traballadores sociais buscan formas para enganar o sistema e poder facer oco a unha persoa máis.

O terceiro veterano é Göran Hugo Olsson, coñecido por The Blackpower Mixtape (2011). As súas cintas caracterízanse pola remontaxe de material de arquivo. Bo caso de Concerning Violence, toma filmacións de reportaxes dos colonizadores europeos, para compor un retrato dos distintos movementos de liberación producidos nos países que controlaban. Baseado no ensaio homónimo do filósofo e revolucionario Frantz Omar Fanon sobre as consecuencias psicolóxicas da colonización, o filme está narrado por Lauryn Hill, voz da banda The Fugees (I Can't Take My Eyes of You). Un dos máis celebrados de Olsson, percorreu medio mundo por festivais de cinema, e en Suecia gañou o Guldbagge ao mellor documental, o equivalente ao Goya.

Directoras que chegan para quedarse

Xunto a estes tres filmes, Play-Doc proxecta outros catro de cineastas moi novas, que demostraron coas súas primeiras películas, que teñen moito que contar. Talena Sanders (Liahona), Soon-Mi Yoo (Songs From the North) e Maureen Fazendeiro (Motu Maeva) teñen algo en común con Olsson, no sentido de que tamén usan material de arquivo remontado nos seus filmes. En Liahona, Sanders combina filmacións propias con publicidades, documentais e ficcións dos mormóns en Utah; para falar dun proceso persoal no que apostatou, afastándose da relixión que lle legaron seus pais. Unha conexión familiar e cultural similar hai en Songs From the North, na que Yoo vai de turismo a Pyonyang para rexistrar a suposta apertura do réxime norcoreano. Fronte ao que lle ensinan alí as autoridades, ela contrapón esas imaxes a filmacións co seu pai emigrado, e a películas de propaganda usadas polo propio réxime, para atacalos coas súas propias armas. Motu Maeva é máis introspectiva se cabe; presenta a vida dunha muller aventureira a través do seu arquivo doméstico en súper 8 por diversos países polos que viaxou. Tres retratos moi persoais de novas realizadoras, polas que Play-Doc aposta forte.

A selección complétase coa ópera prima de Amanda Rose Wilder, Approaching the Elephant, sobre unha free school, colexio no que os alumnos discuten e toman decisións sobre a organización dos cursos dende pequenos, buscando fomentar o diálogo, a implicación e o compromiso dos estudantes. O estilo conecta máis ben co de Melgar, o dun cinema directo puro. E é que Wilder aprendeu do mellor, formándose na produtora de Albert Maysles, a quen Play-Doc dedicou hai dous anos unha retrospectiva, e quen lamentablemente faleceu a semana pasada. Dende o festival, laiámonos pola desaparición dun dos pais deste xénero documental, un dos máis grandes cineastas da historia do medio.

 

FILMES EN SECCIÓN OFICIAL:

-        Approaching the Elephant (Amanda Rose Wilder / EUA, 2014) - 89 min.

-        Concerning Violence (Göran Hugo Olsson / Suecia, Finlandia, Dinamarca, EUA, 2014) - 78 min.

-        L'abri (Fernand Melgar / Suíza, 2014) - 101 min.

-        Liahona (Talena Sanders / EUA, 2014) - 70 min.

-        Motu Maeva (Maureen Fazendeiro / Francia, 2014) - 42 min.

-        Songs From the North (Soon-Mi Yoo / Corea do Sur, Portugal, EUA, 2014) - 72 min.

-        The Iron Ministry (J.P. Sniadecki / EUA, 2014) - 82 min.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones