Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os comerciantes colaboran na campaña -Decora o teu Nadal- engalanando A Guarda

Diferentes aportacións á decoración nas rúas e outros espazos da nosa vila das asociación empresariais guardesas

Diferentes aportacións á decoración nas rúas e outros espazos da nosa vila das asociación empresariais guardesas

Fecha: 16 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Distintas asociación empresariais guardesas, ademáis de numerosos comercios a título individual, uníronse á campaña «Decora o teu Nadal» con diferentes aportacións á decoración nas rúas e outros espazos da nosa vila.

Así, a Asociación de Comerciantes do Mercado do Reló aportou ao Nadal guardés unha caravana ‘branca' da que as veciñas e veciños puideron gozar, a xeito de escenario fotográfico, durante o acendido do alumeado na Praza do Reló, organizado polo Concello o pasado martes 5 de decembro.

A asociación de empresarios ACIGU dispuxo, pola súa parte, un gran belén de luces na Alameda que permanecerá durante todo o Nadal iluminando o espazo público, xunto coas árbores luminosas colocadas polo Concello.

Completando o decorado, a asociación de empresarios AGUDE colocou, en colaboración cos centros escolares e o Concello da Guarda, máis dunha trintena de trineos con motivos propios do Nadal en distintos puntos da vila.

Amais destas iniciativas acometidas polas asociacións guardesas, foron numerosos os comercios que, a título individual, participaron no obradoiro de elaboración manual dunha árbore de Nadal, impartido por Maite Lomba no mes de novembro, ou ben elaboraron o abeto pola súa conta seguindo o vídeo titorial posto a disposición de todos os interesados.

Así as cousas, A Guarda loce nestas datas numerosas mostras do traballo conxunto dos vecinos e veciñas, comerciantes e asociacións, enbelecendo a nosa vila.

«Decora o teu Nadal»
A campaña «Decora o teu Nadal» é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello da Guarda coa que se anima aos establecementos comerciais, asociacións de veciños e público en xeral a contribuir á decoración conxunta, aportando así unha sinal de identidade propia do Nadal na nosa vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones