Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concelleiros do BNG con dedicación renuncian ao seu salario e piden a baixa na Seguridade Social no Concello da Guarda

A reunión da Comisión de Seguimento constatou unha vez máis a intención do alcalde socialista de -seguir interferindo nas nosas competencias-

A reunión da Comisión de Seguimento constatou unha vez máis a intención do alcalde socialista de -seguir interferindo nas nosas competencias-

Fecha: 14 de Octubre de 2019

Fuente: BNG A Guarda

O Grupo Municipal do BNG na Guarda segue a acusar ao alcalde socialista de "irresponsabilidade" tras seguir interferindo de forma clara nas áreas de competencia exclusiva dos nacionalistas. Tras a reunión mantida coa Comisión de Seguimento do pacto de goberno convocada polo BNG, os concelleiros do grupo "constatamos unha vez máis que o alcalde non vai cesar na súa actitude nin na súa intención de seguir interferindo nas nosas competencias".

Nas últimas eleccións municipais a veciñanza da Guarda votou un cambio de rumbo que se traduciu na entrada do BNG no goberno municipal con cinco concelleiros, un reto que se asumiu dende o primeiro día cunha actitude positiva e colaborativa. Durante estes tres meses os concelleiros nacionalistas fixeron todo o posible por levar adiante o pacto de goberno, pacto que ante as inxerencias do alcalde non é viable. O BNG "non chegou aquí para ser cómplice das políticas continuístas levabas a cabo, por iso solicitamos a baixa na Seguridade Social e renunciamos ao salario, así como ás funcións de Goberno".

Para o portavoz nacionalista, Anxo Baz, "as políticas que desenvolve o PSOE prexudican gravemente á veciñanza da Guarda porque impiden levar adiante o proxecto posto en marcha polo BNG, un proxecto que busca investir en calidade de vida e en benestar social e que ten como eixo central desenvolver espazos que contribúan a atoparse a un mesmo e a relacionarse coa contorna natural e humana. En definitiva, dar pasos cara adiante para situar A Guarda no modelo de concellos que apostan sen titubeos polo futuro".

Anxo Baz quixo destacar que, pese a situación, "non renunciamos a seguir traballando por un modelo de futuro para A Guarda que, antes ou despois, estamos convencidos de que vai a chegar".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones