Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Os concellos de Oia e O Rosal lanzan un proxecto conxunto de fomento do emprego

-Rumbo ao Emprego- inclúe formación, orientación, prácticas en empresas e acompañamento individualizado

-Rumbo ao Emprego- inclúe formación, orientación, prácticas en empresas e acompañamento individualizado

Fecha: 15 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Oia

Os concellos de Oia e O Rosal lanzan o proxecto conxunto "Rumbo ao Emprego", que inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo.

Entre os dous concellos ofertarán un total de 20 prazas para esta actividade destinada ao fomento de emprego, a cal se dividirá nos seguintes bloques:

-Obradoiros de activación para a procura de emprego (15 horas).

-Formación (60 horas de formación teórica + 60 horas de prácticas en empresas). Poderase elixir entre dúas actividades: operario/a industrial polivalente ou caixeiro/a repoñedor/a.

-Atención individualizada a cada unha das persoas usuarias do programa.

Píldoras formativas abertas ao público xeral

Así mesmo, o programa incluirá a celebración de 4 sesións de píldoras formativas abertas ao público xeral e nas que se abordarán temas como a orientación, a procura de emprego ou o autoemprego.

Estas accións formativas celebraranse os venres do mes de maio e terán unha duración de dúas horas e media por sesión.

Inscricións

A iniciativa conxunta "Rumbo ao emprego" está organizada polos concellos de Oia e máis O Rosal e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, dentro da liña 2 do Plan Concellos.

As persoas que desexen inscribirse ou informarse sobre os detalles da convocatoria poden contactar con ambos concellos a través das seguintes vías:

-AEDL Concello do Rosal: 986 62 50 00 Ext.7.
aedl@concellodorosal.es

-AEDL Concello de Oia: 986 36 21 25 Ext.4
aedl@concellodeoia.es

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí