Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS EMPRESARIOS DA GUARDA TAMÉN RECLAMAN A EXECUCIÓN DA VAC TUI - A GUARDA.

Os empresarios Guardeses consideran prioritaria a execución completa da VAC Tui-A Guarda para o desenvolvemento económico da Vila.

Os empresarios Guardeses consideran prioritaria a execución completa da VAC Tui-A Guarda para o desenvolvemento económico da Vila.

Fecha: 30 de Abril de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

No día de onte, 28 de abril, membros da corporación municipal da Guarda mantiveron unha reunión con Asociacións e Organizacións empresariais, na que estaban presentes tamén empresarios a nivel particular. O obxecto da reunión era buscar a implicación do sector empresarial Guardés na demanda que dende o concello se fixo en días pasados á Consellería de Infraestruturas e Vivenda para que se comprometera coa execución da VAC Tui-A Guarda.

No transcurso da reunión o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, pediu aos empresarios que fixeran unha valoración da importancia que tiña para o futuro da localidade a VAC Tui-A Guarda. A conclusión por parte de tódolos presentes foi unánime, sen discusión. O vial é prioritario para A Guarda, tanto para os veciños como para as empresas.

A continuación deuse lectura a un escrito que recolle o que se aprobou no pleno extraordinario de fai uns días: esixir a Xunta de Galicia que elabore e faga público un plan de investimentos con prazos razoables para o remate da VAC. O contido deste escritos pareceu ben a tódolos presentes a así o fixeron constar plasmando a súa sinatura nel para elevar a Xunta unha reclamación conxunta.

Posteriormente o Alcalde mantivo contacto co Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, para coñecer a súa postura e este comunicoulle a súa intención de levar a pleno a mesma proposta que aprobaron os empresarios para recabar o apoio da Entidade.
A cita acudiron tódalas asociacións empresariais que hai na Guarda:
● ACIGU-CCA
● OR.PA.GU.
● Espaderos Guardeses
● FEBAM Baixo Miño
● Mercado do Reló
● Mercaguarda
● Confraría de Pescadores
● Aldramán (asociación de consumidores)
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones