Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os empresarios en Oia non son tan felices como o goberno municipal quere facernos crer

Dende Movemento Oia témolo moi claro, mentres non haxa auga, nin saneamento o futuro de Oia vese moi comprometido, pois non existen posibilidades de desenvolvemento.

Dende Movemento Oia témolo moi claro, mentres non haxa auga, nin saneamento o futuro de Oia vese moi comprometido, pois non existen posibilidades de desenvolvemento.

Fecha: 15 de Enero de 2020

Fuente: Movemento Oia

O Concello de Oia, a pesar de ter unha sensacionalista concellería da felicidade, non ten satisfeitos á maioría dos empresarios.

Non se lle permitiu construír máis altura a tres hosteleiros, obrigouse a derrubar o construído a dous deles, un terceiro optou por non construír unha altura máis ao seu establecemento e a outro empresario que pretende investir 11 millóns de Euros, non lle dan servizos.

A maiores, existen empresarios que vense na obriga de pechar os seus negocios coa consecuencia de destruír emprego e comercio no municipio.

En cambio, o goberno municipal de Oia, non dubida en apoiar neste caso destinando 9000 Euros das arcas municipais, nun estudo para tentar regularizar unha construción que non só, non cumpre coa licenza de obra outorgada no seu día polo propio Concello, senón que tampouco cumpre coa normativa e ten unha orde xudicial de derriba parcial.

Mentres que a outros se lles obrigou a cumprir coa licenza solicitada ou derriba, ao Talaso Atlántico, non só non se lle esixe cumprila senón que se tenta legalizar mediante un plan parcial porque "co futuro e demorado PXOM de Oia non se pode, incumprindo unha sentenza xudicial firme".

Desde Movemento Oia, queremos visualizar o trato que está realizando o goberno do Partido Popular ao Talaso Atlántico, trato que raia a prevaricación. E esiximos que se cumpra a lei, igual que se obrigou a cumprila ao resto de empresarios, e tamén a os veciños que tiveron que derrubar aquelas construcións que non se axustan á legalidade.

Esta discriminación, non só xera competencia desleal, senón que prexudica enormemente a aqueles que se viron obrigados a cumprir a lei.

Non serve poñer de escusa, o perigo dos postos de traballo, pois o resto de empresarios tamén queren ter a posibilidade de aumentar o seu negocio e xerar postos e non se lles permitiu, coma si permitíronllo ao Talaso Atlántico.

Por iso, como non pode ser doutra maneira, desde Movemento Oia e En Marea esiximos o cumprimento da lei, para que todos estexan en igualdade de condicións.

Pola contra, e como vemos coa xustificación do emprego, o que se provoca é que se beneficie a quen incumpre a Lei. Fronte a aqueles que a cumpriron e que tamén xeran emprego e riqueza co seu traballo no concello.

A sentenza ordena a adecuación da edificación á lei, non o peche, como esgrime o empresario. Por iso en Movemento Oia, debemos de informar destas prácticas e propoñer alternativas.

En mans do Concello, esta modificar as condicións para que os empresarios podan xerar riqueza e permitir o desenvolvemento sustentable de Oia.

Dende Movemento Oia témolo moi claro, mentres non haxa auga, nin saneamento o futuro de Oia vese moi comprometido, pois non existen posibilidades de desenvolvemento.

Por iso esiximos á actual Alcaldesa de Oia, que solicite un estudo para unha posible conexión de auga dende A Guarda ata Baiona, de forma que se evite a escaseza no verán, á vez que permitiría que Baiona non dependa só dos embalses de Belesar e Zamans nos anos de sequia, e ambos concellos podan dispoñer da auga do Miño.

E outro tanto coa depuración, onde reclamamos que o concello solicite a Augas de Galicia que se faga cargo do saneamento integral do municipio. Eliminar as minidepuradoras que non sanean e contaminan, e conectar Oia a EDAR que posúe augas de Galicia en Cabo Silleiro e que "supostamente vai ser mellorada pola xunta".

Mentres non se fagan estas obras de vital importancia, Oia non pode desenvolverse como o están facendo o resto de municipios veciños.

Non debería ser posible ningunha regularización sen a solución previa dos problemas de Oia.

En Movemento Oia defendemos iso e ofrecemos a man ao goberno Municipal para solucionar os problemas que afectan a calidade de vida de toda a veciñanza de Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones