Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os hoteis da Guarda rematan un excelente verán para o sector rozando o 100% de ocupación nestes tres meses

Para os restaurantes tamén foi un verán de moito traballo, cun mes de xuño moi similar ao do 2015 e uns meses de xullo e agosto que non se poden clasificar por menos que excelentes.

Para os restaurantes tamén foi un verán de moito traballo, cun mes de xuño moi similar ao do 2015 e uns meses de xullo e agosto que non se poden clasificar por menos que excelentes.

Fecha: 16 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Chega setembro, mes no que nos despedimos do bo tempo e do verán, e é hora de facer balance antes de comezar o novo curso. Na Guarda, para o sector turístico en xeral, este foi un dos mellores veráns dos últimos anos, cunha afluencia constante de turistas durante os meses de xuño, xullo e agosto.

Así o corroboran tamén os establecementos de hostalería da vila que fan unha valoración moi positiva do verán de 2016. Afirman que o mes de xuño foi, en datos, moi similar ó de 2015. Pola súa banda, os meses de xullo e agosto foron excelentes, uns meses de constante traballo tal e como amosan os datos recollidos.

No caso dos hoteis da Guarda, viron mellorados sensiblemente os datos de ocupación.
A tendencia ascendente que xa se observou o ano pasado continuou, cun constante incremento da ocupación. De media, os datos de xullo aumentaron nun 20%, e en agosto nun 10%, con respecto ó mesmo período do ano pasado. Isto fixo que, nos dous meses, a maioría de hoteis colgaran o cartel de "completo", cunha ocupación de practicamente o 100%.

Para os restaurantes tamén foi un verán de moito traballo, cun mes de xuño moi similar ao do 2015 e uns meses de xullo e agosto que non se poden clasificar por menos que excelentes.

Pódese dicir que, en xeral, para os establecementos de hostalería e para o sector turístico da Guarda en xeral os meses de xuño, xullo e agosto deste ano 2016 foron dos mellores dos últimos anos, cunha campaña de verán moi satisfactoria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones